martes. 28.05.2024

20 proxectos de loita contra o despoboamento no rural de Galicia

O delegado lembrou que esta categoría de concellos do “reto demográfico” foi establecida polo Goberno de Pedro Sánchez para designar e apoiar aos municipios con menos de 5.000 habitantes que requiren dun plan para atallar o despoboamento e o abandono do rural e afirmou que “o labor que realizan as administracións destes concellos é fundamental para que poidan avanzar e construír municipios máis vivos e dinámicos, poñendo freo ao despoboamento do rural e apostando pola sustentabilidade e ampliación dos servizos, facendo máis atractiva a vida nel e promovendo avances que poñan no centro ás persoas que o o habitan”.
•	Pedro Blanco desprazouse ata o concello de O Bolo onde quixo “agradecer o traballo desenvolvido polos concellos para levar a cabo programas que revertan as consecuencias do reto demográfico e atraian investimentos, turismo e poboación para dinamizar a súa actividade”.
• Pedro Blanco desprazouse ata o concello de O Bolo onde quixo “agradecer o traballo desenvolvido polos concellos para levar a cabo programas que revertan as consecuencias do reto demográfico e atraian investimentos, turismo e poboación para dinamizar a súa actividade”.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo en valor os 20 proxectos presentados por pequenos concellos, entidades sociais e pequeñas empresas que se beneficiarán das axudas para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento lanzadas polo Ministerio para a Transformación Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). Pedro Blanco detallou que “estes investimentos supoñen un total de 1.700.393,55 euros que axudarán a mellorar e dinamizar a economía e a situación demográfica das zonas que se enfrentan ao reto demográfico”.
 
O delegado do Goberno desprazouse esta semana ata o concello ourensán do Bolo para coñecer de primeira man un dos proxectos seleccionados polo Ministerio e “agradecer o traballo desenvolvido polos concellos para levar a cabo programas que revertan as consecuencias do reto demográfico e atraian investimentos, turismo e poboación para dinamizar a súa actividade”. O delegado interesouse polas iniciativas que impulsa o Goberno local presidido polo alcalde Alberto Vázquez. Estas iniciativas teñen como marco de acción o programa “Desenvolve O Bolo” que recibirá 70.356,78 euros para a creación dunha oficina de vivenda e a realización de melloras no Castelo e o museo de O Yosso, así como o impulso da Festa Irmandiña da localidade.
 
O delegado lembrou que esta categoría de concellos do “reto demográfico” foi establecida polo Goberno de Pedro Sánchez para designar e apoiar aos municipios con menos de 5.000 habitantes que requiren dun plan para atallar o despoboamento e o abandono do rural e afirmou que “o labor que realizan as administracións destes concellos é fundamental para que poidan avanzar e construír municipios máis vivos e dinámicos, poñendo freo ao despoboamento do rural e apostando pola sustentabilidade e ampliación dos servizos, facendo máis atractiva a vida nel e promovendo avances que poñan no centro ás persoas que o habitan”.
 
O delegado avanzou a satisfacción ante proxectos que van na mesma liña que as políticas do Goberno no que respecta ao Reto Demográfico e amosou que estas axudas son unha mostra máis do firma compromiso do Goberno, o que favorece a comunicación entre administracións para conseguir, entre todas, un territorio galego integrado e adaptado ás novas formas de traballo e oportunidades que se comprobaron efectivas diante o despoboamento que sofren estes territorios.
 
RESOLUCIÓN EN GALICIA
 
O Ministerio para a Transición Ecolóxica resolveu a semana pasada a segunda convocatoria de axudas a proxectos innovadores contra o despoboamento en concellos de reto demográfico. O programa recolle subvencións en tres modalidades: iniciativas impulsadas por entidades locais, impulsadas por entidades sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais ou de emprendemento.
 
En toda España concedéronse 21,1 millóns de euros para 380 proxectos, das máis de 1.000 solicitudes que se recibiron na convocatoria.
 
Do total concedido para Galicia, hai proxectos que se desenvolverán nun so concello (Ortigueira, Monforte, A Pontenova, Parada de Sil, Mondariz, Ribeira de Piquín, Ares, Navia de Suarna, etc) e outros que impactarán en varias provincias (Aldealista) e varios concellos dunha mesma provincia (Os Ancares).
 

MODALIDADE

ENTIDADE

PROVINCIA

DENOMINACIÓN DO PROXECTO

IMPORTE

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

A CORUÑA

P.A.T.E.R. (Programa de Atención á terceira idade no medio rural en situación de soedade non desexada)

           20.164,58 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DEMONFORTE DE LEMOS

LUGO

FOMENTO DA COHESIÓN DA MOBILIDADE ENTRE PARROQUIAS

         196.179,86 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE A PONTENOVA

LUGO

A Pontenova Territorio Rural Intelixente

         191.832,39 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE PARADA DE SIL

OURENSE

Programa de envellecemento saudable, independente e activo da poboación de Parada de Sil.

           12.830,32 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE MACEDA

OURENSE

Concello de Maceda Territorio Rural Intelixente.

         151.440,88 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE VEIGA

OURENSE

PROXECTO DE INNOVACIÓN NOS SISTEMAS PRODUTIVOS LOCAIS “CRIANZA TREVINCA”

         172.362,48 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBIA

OURENSE

Creación dunha oficina contra o despoboamento para varios municipios (Xunqueira de Ambía, O Irixo e Nogueira de Ramuín), co fin de promocionar a participación público-privada

           15.341,83 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE A TEIXEIRA

OURENSE

A Teixeira: presente e futuro.
Un encontro entre xeracións, cultura, emprendemento e natureza.

         120.756,97 €

A- ENTIDADES LOCAIS

 CONCELLO DE MONDARIZ

PONTEVEDRA

REVIVE HUB

           10.385,65 €

A- ENTIDADES LOCAIS

FEDERACION GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS

LUGO

Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente

         190.137,28 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE RIBERA DE PIQUIN

LUGO

Creación dun Punto de Asesoramento a novos na Agroecoloxía.
Transformando la experimentación en futuro

           92.921,74 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

LUGO

Navia de Suarna Territorio Rural Inteligente

         191.581,73 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE CARBALLEDA DE AVIA

OURENSE

Sistema alimentario local desde as hortas e a cociña de Muimenta.

           25.812,69 €

A- ENTIDADES LOCAIS

CONDELLO DE O BOLO

OURENSE

DESENVOLVE O BOLO

           70.356,78 €

B- ENTIDADES SOCIAIS

UNIONS AGRARIAS-UPA

LUGO

HUB RURAL OS ANCARES

           22.816,44 €

C- EMPRESAS

IMPLICATUM CONSULTORIA, S.L.

A CORUÑA

Comunidades de Innovación Rural

           31.384,13 €

C- EMPRESAS

EMPRESA CON PROPOSITO MONTEFARO PEDRACHA SL

A CORUÑA

As hortas de Montefaro

         116.442,65 €

C- EMPRESAS

MEDATLANTIA CONSULTORIA EUROPEA SDAD COOP GALEGA

PONTEVEDRA

TELONAMAN 5.0: Dinamización do Emprego 5.0 e Empoderamento para el Desenvolvemento
Sostenible

           15.000,00 €

C- EMPRESAS

GRUPO RURAL MANAGER SL

VARIAS PROVINCIAS

ALDEALISTA EMPRENDE: RESTAURA E REHABITA NO RURAL

           30.894,90 €

C-EMPRESAS

DESARROLLO E INNOVACION DEPORTIVA SL

OURENSE

Deinde Activa: Tecendo Futuros. Nesta denominación creativa, “Deinde Activa” resalta a acción e dinamismo que o proxecto busca infundir na zona de San Cristovo de Cea e a súa área de influencia máis próxima. “Tecendo Futuros” simboliza a integración de tradición e modernidade, así como a creación dun futuro máis próspero e vibrante para a comunidade.

           21.750,25 €

 

20 proxectos de loita contra o despoboamento no rural de Galicia
Comentarios