domingo. 02.04.2023

Trío de metais no nacional Sub20 de pista cuberta

Un total de tres medallas e sete postos de finalistas foi o balance para os intereses galegos do Campionato de España Sub20 de pista cuberta disputado esta fin de semana na cidade de Salamanca.
Daniel Salgueiro.
Daniel Salgueiro.

Un total de tres medallas e sete postos de finalistas foi o balance para os intereses galegos do Campionato de España Sub20 de pista cuberta disputado esta fin de semana na cidade de Salamanca.

Foron en concreto as probas de medio fondo e fondo as que deron un maior rendemento ás nosas e nosos representantes e na que novamente a proba dos 3.000 resultou determinante.

A actuación máis salientable nesa proba correspondería á atleta internacional lucense Xela Martínez quen como era de agardar, non tivo rivais na mesma proclamándose campioa de España cunha diferencia de vinte segundos e un crono oficial de 9:39.58.

Xela Martinez.
Xela Martinez.

Outra das medallas colleitadas sobre esta mesma distancia chegaba da man do tamén lucense do Lucus Caixa Rural Teo de Frutos quen confirmando a súa excelente progresión conseguía entrar na línea de meta na terceira posición cun rexistro oficial de 8:39.19. O trío destacado de lucenses foi completado por Miguel Alvariño da Escola Atlética o cal remataba nun excelente cuarto posto na final con 8:43.68.

Por último tamén resultou moi notorio o campionato desenvolto polo coruñés Daniel Salgueiro do Coruña Comarca quen logo de acceder á final por tempos, lograba na mesma un excelente bronce nacional cun tempo de 1:54.86 (MMP) no seu primeiro ano como Sub20.

A maiores resultarón tamén moi destacados os postos de finalistas logrados por Celia Castro do A.A. Mazí, 4ª nos 800 m  con 2:17.66; Alejandro Villaverde da Gimnástica, 4º en pértega con 4.11; Fabian Vidal do Barbanza, 6º nos 400 m. con 50:52; Amparo Corredoira da Atlética Lucense 7ª nos 1.500 m. con 4:49.43; Gema Dacosta do Vila de Cangas, 8ª en peso con 12,89 m. e Matías Moldes da Gimnástica, 8º no concurso de  combinadas de heptatlón cunha puntuación total de 4.457 puntos

Trío de metais no nacional Sub20 de pista cuberta
Comentarios