jueves. 28.03.2024

O club Atletismo Marineda organizará o sábado 16 de xullo de 2022 a I edición do Trail Ruta dos Faros Costa da Morte. A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

SAÍDA: Ubicación do lugar  (Faro Punta Náriga- Malpica de Bergantiños)

Ubicación do lugar de META e punto onde se collen os autobuses para traslado ao lugar de saída (Casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños)

Os participantes tanto no TRAIL serán trasladados en autobús desde A casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños ate o punto de SAÍDA na Faro Punta Náriga (Malpica de Bergantiños) a partir das 09:00 horas.

INSCRICIONS: Ata o mércores 14 de xullo ás 23.59 h

RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais para o Trail poderán recollerse no mesmo día a partir das 08:00 horas ata as 8:50 no lugar de meta (Casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños)  

Trail Ruta dos Faros Costa da Morte
Comentarios