domingo. 26.06.2022

A Selección Galega Sub18 logra o quinto posto en Valladolid

O torneo estivo marcado polas condicións climatolóxicas o que obrigou á disputa de varios concursos no módulo cuberto, alterando o horario incialmente programado. Malia elo, o combinado galego conseguía un total de catro podios e oito postos de finalistas que lle daban unha puntuación total de 211 puntos nunha cita gañada pola Selección catalana con 285 p.
Selección galega SUB18.
Selección galega SUB18.

Destacado quinto posto o logrado esta fin de semana pola Selección Galega Sub18 no Campionato de España de Federacións disputado nas pistas vallisoletanas do CEAR Río Esgueva.

O torneo estivo marcado polas condicións climatolóxicas o que obrigou á disputa de varios concursos no módulo cuberto, alterando o horario incialmente programado. Malia elo, o combinado galego conseguía un total de catro podios e oito postos de finalistas que lle daban unha puntuación total de 211 puntos nunha cita gañada pola Selección catalana con 285 p.

MEILÁN E REPÁRAZ, AS MÁIS DESTACADAS

Por parte das e dos compoñentes da selección foron moi destacados as primeiras posicións logradas por Ainhoa Repáraz quen nun excelente estado de forma lograba o triunfo sobre os 200 m. con 24.76. De igual modo o segundo triunfo para a selección viu do sector de marcha na que  Aldara Meilán conseguía impoñerse con excelente rexistro de 24:12.67 que representan a mellor marca dos campionatos e que colocan á marchadora lucense na elite nacional.

Xela Martínez foi outra das atletas destacadas, logrando a segunda posición na proba dos 800 m. na que invertiría un rexistro de 2:08.56, cedendo tan só ante a representante catalana que lograba o récord do campionato. Nos 400 m. un magnífico Fabián Vidal lograba rebaixar a súa MMP de 50.83 ata os 49.00 que lle reportaban a segunda posición nunha proba que gaña importantes enteiros na nosa comunidade.

Importantes foron tamén as actuacións de finalistas logradas por Fernando Vallines (4º en peso),  Lisa Vosberg (5º en pértega) Blanca Pereira (5ª en disco) Laura Rico en (5ª xavelina) Ricardo Negrete (6º nos 1.500 m.) Leyla Villar (7º nos 3.000 m.) , Hugo Fernández (8º en martelo) e Carlota Salgado (8ª en 100 valos).

OUTROS CLASIFICADOS

Daniel Cariñeña (9º en lonxitude), Eva Fernández (10ª en triplo), Jorge Vázquez (11º nos 400 v.) Miguel Alvariño (12º nos 2.000 Obs.), Elías Klein (14º nos 100 m.). No concurso de altura David García quen non tivo o seu día, non conseguía puntuar logo facer tres intentos nulos sobre a súa primeira altura.

Por último, os cuartetos mixtos galegos de relevos lograban a sexta posición nos 4x400 e a décimo quinta no 4x100 m.

A Selección Galega Sub18 logra o quinto posto en Valladolid
Comentarios