jueves. 18.04.2024

A marcha galega brillou con moita intensidade no Campionato de Europa de marcha por equipos que se acaba de desenvolver na localidade checa de Podebrady no día de hoxe.

 Novamente unha das grandes promesas da marcha, Aldara Meilán, daba mostras do seu gran talento sobre a distancia dos 10K. A galega formaba parte xunto as marchadoras Serret e Santacreu do equipo nacional Sub20 que tomaba parte nesta edición e na que competían contra seleccións tan potentes como as italianas, as francesas ou as checas. Desde o comezo amosouse o gran nivel da proba que deixaba a Aldara Meilán na loita polo triunfo xunto á marchadora italiana Giulia Garbriele quen finalmente lograba a primeira posición, entrando nun extraordinario segundo posto a lucense cun tempo oficial de 47:45. Con este posto, e os resultados restantes do combinado español, a Selección lograba o título de Campioas de Europa cun total de 7 puntos por diante de italianas e francesas.

Na proba dos 20 km. femininos tamen resultaron moi destacadas as actuación das nosas dúas representantes galegas.

O extraordinario posto de finalista acadado por Antía Chamosa no día de hoxe ao ocupar o sétimo posto, confirman a marchadora pontevedresa definitivamente na élite internacional da marcha. Ademáis era a primeira das marchadoras hispanas en lograr cruzar a línea de meta estabrecendo un crono oficial de 1h.31:24 que representan unha MMP así como un novo récord galego absoluto.

Pola súa banda Carmen Escaríz, xa resposta dos seus problemas físicos, ocupaba o posto vixésimo cun tempo de 1h.35:42 contribuindo decisivamente a que por equipos o combinado nacional lograra o cuarto posto tras Italia, Ucraína e Francia.

ÉXITO DA MARCHA NACIONAL.

A nivel xeral pódese calificar a actuación da marcha nacional nesta cita como de xornada histórica,  ao lograr nada menos que un total de 12 medallas (6 ouros, 3 pratas e 3 bronces) liderando a medalleiro por diante da potente selección italiana.

Cabe salientar as primeiras posicions no individual sobre os 35 km. de Álvaro Martín e sobre todo o triunfo de María Pérez quen co seu rexistro de 2:37.15 estabrecía un novo récord mundial da distancia. A maiores a selección nacional lograba en ambas categorías os títulos de campións de Europa.

Tamén España lograba os títulos por equipos en homes e mulleres sobre os 10 km. Sub20 e o segundo posto na categoría masculina dos 20Km

PRESENZA EN CANTONES DA CORUÑA

A seguinte importante cita da marcha a nivel mundial poderémola presenciar na nosa comunidade ca disputa do G.P. Cantones de Marcha Atlética. Trofeo Sergio Vázquez o vindeiro día 3 de xuño, onde teñen confirmada a súa presenza boa parte dos medallistas de Podebrady entre os que se atopan, entre outros e otras, os integrantes do equipo nacional campión de Europa dos 35 K. en homes e mulleres.

A marcha galega saca músculo en Europa
Comentarios