lunes. 29.04.2024

Máis de catrocentos atletas figuran inscritos e inscritas para tomar parte este sábado a partires das 10.40 horas no Campionato de Galicia Absoluto de pista cuberta

ARQUIVO.

A máis importante competición da modalidade do atletismo galego, preséntase con interesantísimas probas e concursos onde tomarán parte algúns dos máis salientables  atletas nacionais e autonómicos da actual tempada.

CATEGORIA MASCULINA

Na categoría masculina agárdase a actuación de 219 atletas dos que destaca a presenza do recente recórdman galego dos 60 m. Javier García con 6.78, que tomará parte na proba raiña da velocidade indoor. Delante del estará un Adrián Pérez do F.C. Barcelona nun excelente estado de forma que xa o levaron este ano a acreditar 6.85.

Continuando cas demáis probas de velocidade, o gran domiñador da disciplina galega nos últimos anos o plusmarquista galego Mauro Triana, parte como gran favorito nos 200 m. proba na que tanto Sergio Rodríguez da Gimnástica como Jacobo Soler do Pamplona At. acompañan ao coruñés nese selecto grupo instalado na barreira dos 21 segundos

Precisamente será o mesmo Jacobo Soler quen manterá unha apaixonante disputa sobre os 400 m. con Jorge Román Leiros do Rael Club Celta, separados no ranking por tan só unha centésima e onde os últimos encontros foron para aquel.

Na proba dos 800 m. Adrián Lago da Gimnástica ven de acreditar este mesmo ano a mellor marca dos participantes con 1:55.04. Especial atención tanto para o sadense Ignacio del Buey como David Abalde da Gimnástica sen esquecer a Alberto Pérez do Celta, ambos con marcas moi axustadas.

Este campionato pode resultar para Mehdi El Nabaoui unha excelente oportunidade para recuperar sensacións logo dunha tempada de campo a través sen os resultados agardados. Tomará parte sobre os 3.000 m. que o pasado fin de semana xa lograba completar cun excelente rexistro de 8:07.58.

Nos valos Santi Rozas do Lucus Caixa Rural Galega perfílase como favorito nunha proba na que tan só o venezolano sen dereito a podio, Gerson Vidal Izaguirre do Narón, póderialle complicar a primeira posición da proba. Atención a presenza do campión galego do ano pasado Hugo Vázquez do Marineda.

Nos 1.500 novo man entre os Gimnásticos Carlos Porto e Pablo Bocelo atleta este último que intentará repetir o triunfo logrado o ano pasado no absoluto de aire libre en Vigo

Continuando cos concursos, a colchoneta de altura terá no subcampión galego 2021 de aire libre e de pista cuberta Andrés Vila do Lugo Running, a un dos favoritos con permiso do atleta do Atletismo Santiago Pablo Alonso. Na pértega outra non menos interesante disputa será a que nos agarde entre Tomás López do A.Sada e Adolfo Sáinz Maza do Celta, atleta este último que ven de lograr un novo campionato autonómico de combinadas ca segunda mellor marca da historia o pasado fin de semana.

O céltico Sergio Coello nun excelente estado de forma, estará loitando polo seu primeiro título absoluto de lonxitude no que intentará facer bós os 7.29 m. que acredita. No mesmo foso pero en triplo, Alex Barreiro do Lugo Running parte con todas as papeletas para revalidar novamente o título do ano pasado grazas, en parte, a esos 14,82 m. de finais de xaneiro no módulo de Lugo.

Para rematar, o capi da Gimnástica Victor Gallego, aspira a ampliar a súa lenda sobre o círculo de peso para o cal deberá recuperar o título que  Jaime Arias do Riazor Coruña, acadaba o ano pasado.

CATEGORIA FEMININA

Continuando con esta previa, un total de 194 atletas da categoría femenina estarán en Expourense entre as cales está confirmada a presenza do gran atractivo do campionato que sen lugar a dúbidas representa a participación de Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural. A nosa flamante campioa parolímpica dos 100 m. e subcampioa dos 400 m. en Tokio-20,  tomará parte na defensa do seu título autonómico na proba dos 60 m. para o cal deberase medir á campioa de España Sub18 e seria aspirante ao título, Ainhoa Reparaz do Val Miñor quen loitará tanto polo triunfo dos 60 m. como dos 200 m.

Interesantes catrocentos metros ca presenza da Sub20 María Fernández do Universidad de León que ven de acreditar recentemente 56.15. Especial atención nesta proba tanto a Eugenia Gil da Gimnástica como a Alicia Barreiro do Ría Ferrol

Si hai algunha proba que mereza o calificativo de emocioante, esa será sen dúbidas a proba dos 800 m. na que poderemos ver en acción á internacional Raquel Meaños do Valencia Atletismo. Xunto ela estará nada menos que a plusmarquista nacional Sub18 de 1.500 m. e 3.000 m. e auténtica sensación do panorama atlético, Xela Martínez da Atlética Lucense.

A priori a subcampiona galega absoluta de campo a través Laura Santos do Lucus Caixa Rural nun excelente estado de forma, non parece a priori que vaia ter moitos problemas en lograr o título autonómico sobre os 3.000 m. Os 1.500 m. en cambio, estarán algo máis disputados cunha Antía Castro do Ourense Atletismo ca mellor marca das participantes a cuxo fronte estará a sempre importante atleta nigranesa Angela González do Marathon.

Outras das probas estelares será a dos 60 valos con Teresa Rodríguez do Riazor Coruña en condición de líder grazas aos 8.78 que acredita. Na línea de saída tanto a Sub23 Lucía Ferrer da Gimnástica con 8.87 como a Sub20 Lucía Sánchez da Atlética Lucense con 8.87 intentarán revertir os pronósticos. Precisamente será esta importante última atleta especialista en combinadas, quen tamén concursará na lonxitude con claras opcións de acadar a medalla de ouro

En altura disfrutaremos dunha nova e importante xeración de saltadoras que están dando un novo pulo a esta especialidade a cuxo fronte sitúanse as medallistas nacionais Sub18 Emma Sihunag Pérez da Atlética Lucense e Carlota Salgado do Celta. No medio delas estará en Expourense a internacional e bronce nacional Sub23 de combinadas Eva Queimaño do Super Amara BAT

Continuando cos saltos, a ausencia de Lola Bouza na pértega deixa aberta a disputa polo título entre a celeste Sub18 Lisa Vosberg, medallista nos nacionais do ano pasado, e Bea Viteri do Scorpio-71 quen aspira a un novo título que engadir a unha dilatada e ampla lista de triunfos autonómicos.

Outro dos pratos fortes será a proba talismán do noso deporte nos últimos anos, o concurso de triplo. Sobre o sintético estarán as dúas mellores triplistas Sub20 a nivel nacional do momento quenes estarán compitindo ao máis alto nivel:  Diaou Diallo do Ría Ferrol e Alba Cuns do Playas de Castellón.

Por último, a ausencia da plusmarquista nacional de peso e atleta olímpica Belén Toimil por lesión fai unha semana, permiten a Raquel Villa do Celta acudir en condición de favorita grazas aos seus de 12.73 m. Xunto ela, outro valor importante do sector, a campioa de España Sub18 Xiana Lago do Ría Ferrol quen acude con 12.25 m.

Máis de catrocentos atletas no Campionato de Galicia Absoluto de pista cuberta