viernes. 26.04.2024

Elviña prepárase para dar acollida este sábado á máis importante cita anual do atletismo galego no que será a disputa do Campionato de Galicia Absoluto de Aire Libre que contará ca presenza de importantes figuras autonómicas e que servirá para dar o último adeus a quen fora Presidente da FGA durante máis de 25 anos Sergio Vázquez.

IMPORTANTES ATLETAS

O plusmarquista Galego de lonxitude e olímpico Jean Marie Okutu estará tomando parte no concurso de lonxitude. Nun ano moi difícil para o de Marín, nas pistas universitarias estará recibindo todo o cariño e admiración dun público que a bo seguro estará entregado co marinense recoñecendo toda a súa traxectoria.

Victor Gallego da Gimnástica intentará agrandar a súa lenda que o convirten a día de hoxe nun dos máis queridos e o máis laudeado do atletismo galego cun total de… ¡¡33 títulos galegos!! . O capi da Gimnástica lanzará en peso e disco.

POR MODALIDADES

Comezando un repaso por sectores, na modalidade de velocidade Adrián Pérez do F.C. Barcelona, achégase cuns excelentes 10.56 que o colocan como claro favorito ao título. A pelexa estará nos postos de podio entre Martín Barcía, Javier Cancela, Sergio Rodriguez e Pablo Tomé todos eles na barreira dos 10.85 e os 10.88.

Nos 200 m. será moi interesante ver a disputa que manterán o recente bronce Sub20 nacional Roi Martínez do Celta  co plusmarquista galego Mauro Triana, en claro tránsito de especialidade, e onde Adrián Pérez aspira tamén a ampliar domios polo dobre hectómetro.

Nos 400 m. o campión de España Sub23 Jacobo Soler do Grupompleo Pamplona, parte como claro favorito na carreira dos 400 m. onde podería continuar ca súa espectacular progresión e entrar na barreira dos ¡46 segundos! e na que Jorge Román Leiros do Celta podería facer o propio ca dos 47

Jorge Puig do C.A.Santiago nos 800 m. con 1:51.58 e Pablo Bocelo da Gimnástica nos 1.500 m. con 3:46.74 parten como favoritos nas súas probas malia que seguiremos con especial atención as evolucións do bronce nacional Sub20 Hugo García do Celta sobre esta última distancia.

A tenor das marcas, dominio lucense tanto os 5.000 m. como os 3.000 obstáculos da man dos atletas do Lucus Caixa Rural Esteban Iglesia e Nicolás Arrojo quen parten como favoritos nestas carreiras.

Na distancia máis pequena dos valos, a ausencia do campión de España Sub20 Hugo Vázquez convirten a David Vicente do Playas de Castellón no claro favorito nunha carreira que encabeza cun rexistro de 14.57. Nos 400 valos será Iago Núñez do Celta quen asuma o papel de favorito malia que será a participación de  Mauro Triana, decidido a instalarse nesta distancia, quen máis expectación levante. Especial atención a Xabier Lires do Marineda Atlético quen acude ca segunda mellor marca dos participantes de 54.77.

Nos concursos David García do Millaraio con 1.87 m. sobre o listón de altura parace contar con certa ventaxa sobre Pablo Alonso do At. Santiago e Diego Ares do Ourense Atletismo, a dous e catro centímetros respectivamente do líder da proba.

Na lonxitude contaremos con toda e emoción dunha gran final na que dúas xeracións estarán ofrecendo espectáculo e rivalidade. Por unha banda a ofrecida polos célticos Sergio Coello quen acude con 7,29 m. e Raúl Cortizo con 7,28 m. e por outra a do xa citado Jean Marie Okutu, lenda presente do noso atletismo.

Tomás Vizcaino do Atletismo Sada acude con gañas de resarcirse da súa actuación no nacional Sub20 na pértega, e na que o sábado en Elviña, estará intentando superar ós 4.55 m. No triplo Diego Míguez, quen apenas un céntimetro apartara do podio no nacional Sub20, é outro dos sadenses que lidera unha proba a cuxo título tamén aspiran Xoel Otero do A.A. Mazí e o propio Raúl Cortizo do Celta.

No concurso de peso, as miradas estarán postas en Victor Gallego da Gimnática quen buscará un novo ano máis agrandar a súa lenda. Xunto él na loita polo ouro estarán Jaime Arias do Riazor Coruña no peso e Fran Gúzman do CAPEX en disco.

No círculo de martelo contaremos cunha interesantísima proba na que se darán cita o plusmarquista galego máster e líder autonómico absoluto, Ignacio Fernández do Playas de Jandía; o cuarto clasificado no nacional Sub23 Yago Araujo do Celta; Carlos Revuelta da Sociedad Gimnástica e o bronce nacional Sub20 Eric Méndez do Celta.

Na xavelina é o internacional e campión de España no ano 2013 Manuel Uriz quen lidere con claridade un grupo de lanzadores no que se atopa Jonathan Correa da Gimnástica con 62.39 m. e o campión de España Sub20 Pedro Fidaku Santos da Agrupación Viguesa no terceiro lugar con 59.74.

Xa por último nos relevos 4x100 tomarán parte o C.A Sada, C.A.Santiago, Marineda Atlético, Gimnástica de Pontevedra e Mochila del Deporte. De igual modo será a Agrupación Viguesa, C.A.Sada, Marineda Atlético, Riazor Coruña e Gimnástica de Pontevedra quenes estén intervindo sobre os 4x400 m.

RESUMO CATEGORIA FEMININA

Si onte falabamos do cartel masculino do Campinato de Galicia Absoluto, hoxe ímonos centrar no que pode dar de si as distintas probas e concursos da categoría femenina da presente edición.

Para comezar o máximo atractivo será sen dúbidas a presenza da Campioa Paralimpica dos 100 m. e Subcampioa dos 400 m. Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural, quen tomará parte nas probas dos 100 m. e dos 200 m. A plusmarquista autonómica dos 200 metros foi noticia ademáis recentemente por convertirse na primeira atleta paralímpica en recibir o premio Rei Juan Carlos de mans dos Reis de España.

Ainhoa Reparaz será outra das grandes activos do campionato. A plusmarquista galega dos 100 m. e sensación da velocidade galega, realizaba recentemente un extraordinario campionato de Europa Sub18 no que lograba a medalla de bronce co equipo de relevos nacional e un cuarto posto na final individual. Un dos pratos fortes de Elviña será poder ver en acción a Adi Iglesias e a Ainhoha Repáraz nas finais dos 100 e 200 m.

A recente medallista de bronce no nacional Sub20 dos 400 m., María Fernández parte como clara favorita ao titulo autonómico nunca distancia na que a priori Inés Oitavén do ADAS CUPA podería plantar cara á coruñesa.

A finalista do recente nacional Sub23 de Santander María Cedrón da ADAS CUPA figura inscrita como favorita tanto nos 800 m. como nos 1.500 m. proba esta última na que a internacional do Comesaña Sandra Mosquera  acredita o mellor rexistro xunto a os 5.000 m.

Os 100 valos contará ca finalista no Sub23 Lucía Ferrer da Gimnástica quen parte como favorita co permiso de Antía Martínez do Ría Ferrol e Agata Rodríguez do Vila de Cangas. Máis axustado a priori terano a internacional lucense Lucía Sánchez del Valle nos 400 valos grazas aos 59.29 (lisos) cos que se acude a Elviña e nos que se medirá as másters Concha Novais do Atletismo Sada e Cristina Estévez do Celta

En obstáculos e marcha claro dominio por marcas de Patricie Viadel do Atletismo Santiago e Alba Pérez do Atletismo Negreira quen competirá ca favorita Oleksandra Kostenko da Atlética Lucense con praza de atleta extranxeira.

A priori prespectivas moi favorables polas marcas acreditadas de cara ao titulo autonómico tanto para Nerea Fernández do ADAS CUPA en pértega con 3.21 m., María Pena do A.F.Celta en xavelina con 44.07 m. e para María Ezquerro en disco con 44.15 m.

Alba Cuns centrará as miradas no concurso de triplo. A internacional e campia de España Sub20, quen acaba de ser convocado para tomar parte nos Campionatos Mundiais Sub20 de Cali en Colombia, aportará calidade e categoría nesta edición.

Andrea Villaverde da Gimnástica pelexará na colchoneta de altura ca líder da proba Emma Sihuang Pérez da Atlética Lucense quen acude con 1.70 m. Por outra banda, tamén estará no foso de lonxitude ca mellor marca das participantes a cuxa cabeza sitúase a internacional e medallista Sub20 en heptathlon Lucía Sánchez del Valle.

Sen apartar a vista dos concursos, outra das internacionais presentes será Irene Gómez no círculo de martelo. A viguesa nas ringleiras do Valencia Atletismo acude logo de lograr recentemente a medalla de prata no nacional Sub23 no seu debut de categoría. Continuando co martelo, importante presenza de igual modo da internacional do Ourense Atletismo e subcampioa de España Sub18 Blanca Pereira, quen lograba o décimo primer lugar no Campionato de Europa da súa categoría desenvolto fai uns días en Jerusalén.

Outra das nosas máis talentosas promesas, a subcampioa de España e internacional Xiana Lago do Ría Ferrol -que acaba de ser convocada para un encontro internacional cadrangular en Munich- estará competindo polo título galego no concurso de peso xunto a Raquel Villa do Celta quen acude ca mellor marca por tres centímetros.

Por último nas probas de relevos nos 4x100 m. tomarán parte os equipos do Vila de Cangas, C.A.Narón, C.A.Sada, C.A.Santiago, La Mochila del Deporte, Marineda Atlético, Rías Baixas, Riazor Coruña e Gimnástica de Pontevedra. Nos relevos longos dos 4x400 m. sairán as formacións da Gimnástica e do C.A.Sada.

Elviña, Campionato de Galicia Absoluto de Aire Libre
Comentarios