viernes. 29.03.2024

Debut como profesional do boxeador porriñés David Álvarez

 Hai catro anos que deu o salto ao boxeo da man do seu mentor Seo Fernández, e tras sumar ao seu equipo ao preparador físico Manuel Jiménez –rector de La Vieja Escuela- , Daviz acumulou medio centenar de pelexas e noqueou a unha quincena de adversarios. En 2021 logrou a medalla de bronce no Campionato de España de peso medio e en 2022 proclamouse subcampión. Tamén se fixo co prestixioso torneo Odivelas Box Cup.
O púxil porriñés chega ao seu debut profesional amparado por unha sólida traxectoria amateur.
O púxil porriñés chega ao seu debut profesional amparado por unha sólida traxectoria amateur.

O polideportivo municipal do Porriño acollerá este sábado 10 de setembro o debut como profesional do boxeador porriñés David Álvarez.

A velada comezará ás 20:30 horas cun amplo programa. Serán oito combates de categoría amateur con cruces entre boxeadores galegos e portugueses, entre os que se atopa o porriñés Quique Gambino que debuta en casa. O broche de ouro poñerao o combate o profesional no que Álvarez se medirá entre as cordas co lisboeta Ricardo Costas.

O púxil porriñés chega ao seu debut profesional amparado por unha sólida traxectoria amateur. Hai catro anos que deu o salto ao boxeo da man do seu mentor Seo Fernández, e tras sumar ao seu equipo ao preparador físico Manuel Jiménez –rector de La Vieja Escuela- , Daviz acumulou medio centenar de pelexas e noqueou a unha quincena de adversarios. En 2021 logrou a medalla de bronce no Campionato de España de peso medio e en 2022 proclamouse subcampión. Tamén se fixo co prestixioso torneo Odivelas Box Cup.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, felicitou a David pola súa traxectoria e agradeceu que “elexira O Porriño para dar este paso tan importante na súa carreira. O Porriño síntese orgulloso de ti e ti demostras sentirte orgulloso do teu pobo. Alí estaremos acompañándote”.

Debut como profesional do boxeador porriñés David Álvarez
Comentarios