lunes. 06.05.2024

Case a totalidade da expedición do CPA Condado que viaxou a Arxentina para conquistar a Copa Mundial de patinaxe artístico na modalidade de Grupos Show, foi recibida pola alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, na casa do Concello.

Logo de compartir unas interesantes verbas coa alcaldesa e o concelleiro de Deportes foron obsequiadas cunhas camisolas conmemorativas da gran xesta acadada.

"Estamos ante un clube que, dende unha humildade e sobre todo moitísimo traballo, veñen de cumprir un soño ata agora inimaxinable" afirma o Concello nun comunicado aos medios.

"Dende O Concello somos coñecedores do esforzo e sacrificio que fai Edu na súa labor de adestrador, como da súa directiva para poder levar a cabo os seus proxectos deportivos; por iso, queremos transmitir os nosos parabéns e o noso orgullo a este enorme clube que sitúa, unha vez máis, o nome de Salvaterra na cúspide da patinaxe mundial".

"Ao mesmo tempo, cómpre homenaxear a eses papás e mamás que dende ven cativas apoiaron as súas fillas para acompañalas a cada adestramento, cada competición local, rexional, autonómica… agora todo é Nacional, Europeo e Mundial, pero o esforzo e adicación foi sempre o mesmo".

CPA Condado leva o máis alto a Salvaterra ao gañar a Copa Mundial de patinaxe artístico...
Comentarios