domingo. 26.05.2024

O CGTD, berce de futuros campións

No ano 1987 creouse en Pontevedra no antiguo Estadio de la Juventud, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva ca finalidade de formar a futuros deportistas galegos e galegas de elite. Xestionado pola Secretaría Xeral para o Deporte, ao longo de todos estes anos pasaron polas súas instalacións os deportistas autonómicos máis notorios e importantes da nosa historia ,en gran parte, grazas a ese carácter público da mesma que a fan única a nivel estatal.
Na actualidade Xiana Lago, David Vallines, Aixa Corbacho, Aitana Capeáns, Eirika Martínez e Hugo Casañas son os atletas que contan cunha das becas no CGTD que oferta o atletismo para este 2024.
Na actualidade Xiana Lago, David Vallines, Aixa Corbacho, Aitana Capeáns, Eirika Martínez e Hugo Casañas son os atletas que contan cunha das becas no CGTD que oferta o atletismo para este 2024.

No ano 1987 creouse en Pontevedra no antiguo Estadio de la Juventud, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva ca finalidade de formar a futuros deportistas galegos e galegas de elite. Xestionado pola Secretaría Xeral para o Deporte, ao longo de todos estes anos pasaron polas súas instalacións os deportistas autonómicos máis notorios e importantes da nosa historia ,en gran parte, grazas a ese carácter público da mesma que a fan única a nivel estatal.

Na actualidade, integra catorce modalidades de doce federacións entre as cales se atopa a Federación Galega de Atletismo.

COMEZOS

O atletismo forma parte da historia do CGTD xa que como deporte, estivo presente desde o primeiro momento da súa posta en marcha.  No ano 1987-1988 baixo a presidencia na Federación Galega de Sergio Vázquez, botaba a andar este proxecto para o noso deporte da man de Santiago Ferrer quen xunto con José María Muradás, foron os primeiros adestradores do atletismo no centro.

Nese primeiro curso,  foron un total de 28 alumnos e alumnas quenes entraron a formar parte do grupo de atletismo cubrindo prácticamente todas as súas modalidades. A velocidade, os saltos, valos, combinadas, marcha,  fondo-medio fondo e  lanzamentos, estiveron presentes ao logo de todos estes anos de actividade.

Malia que poida parecer que o comezo foi doado, tivéronse que vencer bastantes recelos e non poucas suspicacias que algúns adestradores e adestradoras mantiñan en relación a posta en marcha deste proxecto. A metodoloxía de traballo aplicada, a planificación, os resultados e o facer do CGTD un espazo  aberto tamén para os adestradores, propiciaron un cambio de actitude que cambiaría por completo a súa percepción.

Fruto de todo elo foi o paso de atletas tales como María Abel, Loly Pedrares ou Saleta Fernández entre outras.

A ACTUALIDADE

Logo de varios periodos e procesos de evolución nestes 26 anos de actividade (con algún periodo itermitente) na actualidade o CGTD chega aos nosos días cun sólido proxecto que ben marcado polos grandes resultados deportivos que nel se están a producir.

Desde fai seis anos, primeiro como técnico e agora como responsable, o adestrador e atleta pentaolímpico Frank Casañas, dirixe os intereses do atletismo no CGTD cun claro obxectivo: potenciar o seu funcionamento e convertilo nun claro referente atlético a nivel nacional e mesmo internacional.

Para o carismático lanzador, é prioritario que o CGTD se vexa e perciba como unha gran oportunidade para potenciar as capacidades de aqueles atletas que conten cunhas condicións especiais para o noso deporte. En base a elo, nos últimos cursos é moi destacable como practicamente o noventa por cento  dos atletas becados lograban títulos ou medallas nos seus distintos campionatos de España e mesmo resultados importantes en encontros internacionais.

Sobre este aspecto é moi significativo como a propia RFEA sigue moi de preto o traballo e os resultados que se están a dar en Pontevedra e que podería desembocar na posibilidade da creación dun núcleo de interés nacional nun futuro non moi lonxano, o que colocaría a cidade do Lérez no epicentro do atletismo nacional.

REFORZOS E RETOS IMPORTANTES

Os obxectivos paracen disparados nun CGTD que non deixa de medrar nin en resultados nin en solicitudes de acceso. Para abordar os ambiciosos proxectos de futuro desde este novo curso, xunto a Casañas, cóntase ca presenza doutro ilustre do noso deporte ocupando tarefas de adestrador, Gustavo Dacal.

Ca chegada do explusmarquista nacional, refórzase un sector estratéxico como o da xavelina, que conta na nosa comunidade cun gran potencial detrás da cal se atopa a gran experiencia e a enorme calidade dos nosos adestradores e adestradoras especialistas.

Outro dos obxectivos importantes que se pretenden abordar é o de incrementar en dúas ou tres as actuais seis prazas existentes, sen que todo elo supoña unha renuncia a ampliación de especialidades ofertadas en próximos cursos.

Atletas cun gran futuro

Na actualidade Xiana Lago, David Vallines, Aixa Corbacho, Aitana Capeáns, Eirika Martínez e Hugo Casañas son os atletas que contan cunha das becas no CGTD que oferta o atletismo para este 2024. Só en campionatos de España de inverno no presente ano, o balance de medallas é de cinco ouros, unha prata e a consecución de tres récords de España o que pon en valor o gran traballo que se está levando a cabo na instalación pontevedresa.

O CGTD, berce de futuros campións
Comentarios