martes. 28.05.2024

A canteira do atletismo galego fai historia no nacional de campo a través

O primeiro gran éxito non se fixo agardar xa que na carreira que abría o campionato  e na que tomaban parte as atletas Sub16, unha formidable Sabela Castelo, gañadora o pasado ano,  lograba o título individual nunha proba na que a tamén extraordinaria Paula Fernández lograba o subcampionato nacional. Con estas dous primeiros postos e a actuación de Carmen Martínez (4ª), Carmen Rábade (17ª), Irma Veiguela (26ª) e Tania López (37ª) a nosa selección galega lograba por comunidades o título de campioas de España.
foto portada (2)
foto portada (2)

Existen poucos calificativos para poder describir a enorme xornada de atletismo que durante o día de hoxe viviu o atletismo galego base no campionato de España de Campo a través Sub16 e Sub18 desenvolto no circuito de Cerro de los Ángeles de Getafe

Un total de dous títulos e dous subcampionatos individuais e tres campionatos e un subcampionato por selecións, poñen de relieve a grandísima actuación que as nosas seleccións tiveron no seu campionato de España.

O primeiro gran éxito non se fixo agardar xa que na carreira que abría o campionato  e na que tomaban parte as atletas Sub16, unha formidable Sabela Castelo, gañadora o pasado ano,  lograba o título individual nunha proba na que a tamén extraordinaria Paula Fernández lograba o subcampionato nacional. Con estas dous primeiros postos e a actuación de Carmen Martínez (4ª), Carmen Rábade (17ª), Irma Veiguela (26ª) e Tania López (37ª) a nosa selección galega lograba por comunidades o título de campioas de España.

Co subidón ainda no corpo, arrincaban os rapaces Sub16 onde as boas novas non fixeron máis que continuar. A nivel individual Alejandro Santos nunha gran proba lograba a medalla de prata ocupando a nosa selección por comunidades a segunda posición de maneira momentánea xa que unha reclamación que foi estimada por un erro na suma de puntos, daban finalmente o triunfo a Galicia polo que tanto Alejandro Santos, Xoel Franco (6º), Mario Lorenzo (14º), Enrique García (21º),  Ibrahim Adamou (22º) e Daniel Martínez (44º) subían por segunda vez neste día ao máis alto do podio nacional.

Cas emocións e os ánimos polas nubes as seleccións galegas Sub18 tomaban a remuda das Sub16 cun listón moi alto difícil de igualar….ou eso se pensaba

A saída da proba Sub18 feminina non fixo outra cousa que constatar que hoxe Getafe era talismán para o noso atletismo. Nesta ocasión non houbo podios galegos a nivel individual máis o impecable traballo a nivel de equipo e colectivo efectuado por Debris Paniagua (6ª), Sabela Martínez (7ª), Eva Rouco (9ª),  Sandra González (13ª), Candela Sánchez (14ª) e Dameku Paniagua (20ª) daban á nosa comunidade a terceiro dos títulos estatais, convertíndose ata o momento na gran protagonista desta edición.

Nun ambente de grandes emocións dábase a saída á última carreira dos Sub18 masculinos. Durante a mesma á nosa selección,  liderada por un Asheber Díaz  contaxiado dos éxitos dos seus compañeiros e compañeiras, lograba nada menos que proclamarse campión de España nunha grandísima carreira executada maxistralmente. Xunto ao lucense, o resto da selección entraban na línea de meta con Teo de Frutos (5º), Alex Sierpes (19º), Iker Fernández (21º), Damián Suárez (27º) e Iago Prada (53º) e cuxa actuación en global daba unha suma total de 46 puntos que os subían novamente e por oitava vez, a un podio que no día de hoxe acabou falando galego.

A canteira do atletismo galego fai historia no nacional de campo a través
Comentarios