martes. 19.03.2024

Nova cita esta fin de semana para a Selección Galega de Atletismo, que nesta ocasión estará representada polo sector de probas combinadas tomando parte no Campionato Nacional por Seleccións que se desenvolverá en Soria os días 21 e 22 de maio.

Un total de catro atletas será quenes integren a Selección, dous na categoría absoluta e dous na Sub20/Sub18, ca difícil misión de repetir o posto de podio logrado o ano pasado no campionato de Alhama

Ao fronte da expedición viaxará o internacional do Real Club Celta Adolfo Saínz-Maza que recentemente na pista cuberta rexistraba a segunda mellor marca galega de todos os tempos e que xa o ano pasado ocupaba o oitavo lugar neste mesmo campionato.

Lucía Sánchez y Aitor Fernández, selección gallega sub18/20.
Lucía Sánchez y Aitor Fernández, selección gallega sub18/20.

Xunto ao de Castro Rei na categoría absoluta, estará defendendo os intereses galegos a atleta da Gimnástica Andrea Villaverde quinta clasificada recentemente no concurso de lonxitude no nacional Sub23.

No que respecta á categoría Sub20/18 a internacional lucense Lucía Sánchez del Valle defenderá o podio do ano pasado, estando entre as favoritas grazas aos 3.744 puntos que lle deron o último subcampionato nacional Sub20 indoor. Por último o campión galego Sub20 e quinto no Campionato nacional, Aitor Fernández do Atletismo Narón, intentará mellorar a posición lograda o ano pasado no que remataba sexto con 5.730 puntos.

Campionato Nacional de Atletismo por Seleccións en Soria
Comentarios