lunes. 06.05.2024

Pontevedra foi durante este domingo o epicentro do atletismo galego base ca disputa, durante a xornada de mañá, do Campionato Xunta de Galicia Sub14 por equipos.

Como era de agardar, ambientazo nunhas instalacións do CGTD ateigadas de público e atletas tomando parte nonesta cita que servíu para amosar os resultados do gran traballo de promoción que tanto as adestradoras e adestradores galegos, ao aviero dos clubs, están desenvolvendo ao longo da nosa comunidade.

Neste importante encontro tomaban parte un total de vintecatro equipos no que o máis importante foi a aprendizaxe e as boas actuacións, que tanto no deportivo como no de personal, de actitudes e valores, se poideron presenciar nas instalacións pontevedresas.

En canto a resultados, na categoría masculina foi moi disputada a primeira posición que finalmente recaerían na formación do Atletismo Narón por tan só un punto de diferencia en relación á Gimnástica de Pontevedra, segundo clasificado. O terceiro clasificado foi o Real Club Celta.

Nas mulleres foron precisamente as as viguesas do A. Fememino Celta quenes lograban a primeira posición nun bo encontro, seguidas do Ourense Atletismo e da Sociedad Gimnástica.

foto nota 77
foto nota 77

Destacamos a nivel particular o excelente rexistro logrado por Joel Santana do Celta nos 80 valos con 12.48 e a nivel xeral, o formidable campionato levado a cabo polos rapaces e rapazas dos clubs Coruña Comarca, ADAS CUPA, Beade, AVA, A Piringalla, Pinarium, Val Miñor, O Pino, Ría de Foz, Comesaña, A Silva, Lucus e Millaraio.

As Copas máster viaxan a Sada

O Club Atletismo Sada resultou gañador esta fin de semana en ambas categorías da Copa de Clubs máster por equipos que se levou a cabo nas pistas do CGTD de Pontevedra.

O equipo de As Mariñas sumaba na clasificación feminina uns emocionantes 78 puntos polos 77 do Samertolameu no que ven converténdose en todo un clásico nos últimos anos pola súa igualdade e alternancia. O Clube Deportivo de La Purísima acadaba o terceiro posto da clasificación xeral seguidas de Ourense Atletismo e A Silva.

podio homes copa clubs máster
podio homes copa clubs máster

Os triunfos parciais para as sadenses corresponderon a Montse Fernández nos 100 m.; Angeles Ripoll nos 1.500 m.; Inés Papín nos 3.000 m.; Tania Valverde na lonxitude; Helena Rey en peso; Loreto Brea en martelo; Emilia Rodríguez nos 3.000 marcha, así como a do equipo de relevos 4x100 m.

Na categoría masculina foi algo menos axustado o triunfo do conxunto sadense que conseguía impoñerse ao segundo clasificado, o Atletismo Santiago, por unha marxe de nove puntos ocupando a terceira posición o Samertolameu a tan só un dos santiagueses. Seguiron por orde de posición C.A.Narón, Marineda At., Atlética A Silva, La Purísima e Ourense Atletismo.

Foron victorias sadenses as protagonizadas por Francisco Jiménez na lonxitude e Fernando Míguez en triplo.

CINCO RÉCORDS GALEGOS

A nivel individual cabe salientar os récords galegos logrados por Marta Sureda (Lucus) no martelo W50 con 32.73 m.; Emilia Rodríguez  (C.A.Sada) nos 3.000 marcha W45 con 16:20.41; José Cobian (R.C.Celta) na pértega M45 con 3.90; Carlos Alvarez (Samertolmeu) en altura M60 con 1.60 m. e Nuria Jones (La Purísima) no triplo W55 con 8.37 m.

María Martínez e Jesús Corro campións galegas e galegos de Trail Running na subespecialidade de montaña

A atleta independente María Martínez cun rexistro de 1h.16:50 e Jesse Jesús Corro do Atletismo Arenteiro con 59:21, proclamáronse campións galegos absolutos de Trail Running na súa subespecialidade de carreiras de montaña na edición desenvolta este domingo no Concello de Esgos.

Podio mulleres copa de clubs máster
Podio mulleres copa de clubs máster

O evento disputouse sobre un circuito que formaba una carreira “longa e rápida de 13 quilómetros en subida constante, moi asequible a nivel popular donde se alternan distintas pendentes permitindo un correr rápido e sen dificultade” segundo o informe do responsable de Trail Running da Federación Galega Iván Sangiao.

Ademáis das gañadoras e gañadores, ocuparon posto de podio na categoría absoluta Soledad Castro con 1h.19:05 e Sofía Freaza con 1h.21:07 ambas do Comesaña Sporting Club. En homes igualmente, o subcampionato foi parar a Antonio Teijido do Ría de Foz con 1h.00.15 e o bronce a Pablo Camescasse do C.D.Delikia con 1h.01:50.

No resto de categorías as gañadoras galegas e galegos foron os seguintes:

  • Sub20. Valeria B. Guridi (S.D. Compostela)
  • Sub23. Pablo Camescasse do (C.D.Delikia)
  • Master35. Carla Trillo (Ría de Foz) e Antonio Teijido (Ría de Foz)
  • Máster40. Sofía Freaza (Comesaña S.C.) e Javier Paredes (Ourense At.)
  • Máster45. Oscar Guerra (Cambados Seguros Noval)
  • Máster50. Aurora González (Pinarium) e Roberto Salvado (S.D.Compostela)
  • Máster55. Sole Castro (Comesaña S.C.) e Jose María Levoso (Esprintes Ou.)
  • Máster60. Antonio Bermúdez (Noitebra)
  • Máster65. Manuel Suárez (Veteranos de Samil)

El atletismo ilusiona en Pontevedra
Comentarios