sábado. 04.05.2024

O atletismo galego base e máster enchen o circuito da Veronza no seu campionato de Galicia

O magnífico circuito da área recreativa da Veronza  no Concello de Ribadavia ocollía novamente esta fin de semana unha intensa e importante actividade de campo a través na que se daban cita máis de 1200 atletas desde as categorías base ata as máster do noso deporte.
Algunhas medallistas no masters de lanzamentos.
Algunhas medallistas no masters de lanzamentos.

O magnífico circuito da área recreativa da Veronza  no Concello de Ribadavia ocollía novamente esta fin de semana unha intensa e importante actividade de campo a través na que se daban cita máis de 1200 atletas desde as categorías base ata as máster do noso deporte.

Os máis pequenos abriron a xornada ca disputa do Memorial Alejandro Lorenzo reservado para atletas as categorías Sub10, 12 e 14 que daban os primeiros triunfos na categoría Sub10 a Nadia Conejo do Trega e a Adrián Sacristán da Asociación Deportiva CAR. Por equipos o club ourensá de La Purísima resultaba gañador en ambas categorías.

Xa na categoría Sub12 foron Lena Curras do Vila de Cangas e Sergio Silva quenes se impuxeron sobre unha distancia de 1.300 m. logrando o triunfo por equipos a Atlética Lucense ne mulleres e o Atletismo Narón en homes

Por último, na categoría Sub14 Carmen Paz do Atletismo Noia lograba o triunfo en mulleres xunto a Enrique García-García da Gimnástica na categoría masculina, nunha proba na que por clubs novamente se impuxo a Atlética Lucense en ambas categorías

CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB16 E SUB18

Rematadas as xornadas do Memorial, foi o momento das carreiras Sub16 e Sub18 que viron como os principais favoritos, Sabela Castelo do San Miguel de Marín e Alex Sierpes do Trega, lograban un cómodo triunfo por diante de Sabela Martínez e Paula Fernández e de Roque González e Adrián Pérez quenes estarían no podio desta edición.

Algo máis axustado resultaría a carreira Sub18 nos postos de prata e bronce cunha chegada de foto finish entre Asheber Díaz e Teo de Frutos e na que finalmente o lucense lograba a prata. O título correspondeu a un triatleta, Lucas García do Ría de Foz, quen ratificaba en Ribadavia o seu excelente comezo de tempada como xa demostrara en Atapuerca. Nas mulleres impúxose Leya Villar do Orense Atletismo, entrando en postos de podio Sara Guedes da Atlética Lucense e Irea Adriana Alén do Cedeira Muebles García.

CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA MÁSTER

A xornada de tarde daba continuidade a esta importante cita do campo a través ca disputa do campionato máster, na que por espazo de dúas horas e media estarían desenvolvéndose as distintas carreiras que deixaban no colectivo os triunfos do ADAS CUPA, o SD Compostela, O Atletismo Arenteiro, Esprintes Ourense e Verxel Nutrición Deportiva.

Campionato de Galicia de campo a través.
Campionato de Galicia de campo a través.

Na categoría individual, as campións e campioas galegas foron as seguintes:

  • Máster 35. Zelinda Spencer (Oviedo At.) e José Canda (At.Arenteiro)
  • Máster 40. Iria Fernández (ADAS CUPA) e Amador Pena (SD Compostela)
  • Máster 45. Mª Soledad Leiro (SM. Marín) e Juán Antonio Guede (Lucus CRG)
  • Máster 50. Julia Vaquero (SD Compostela) e Elias S. Domínguez (F.San Lázaro)
  • Máster 55. Soledad Castro (Comesaña SC) e José Suárez (C.A.Brion)
  • Máster 60. Celina Rodríguez (Moraña en Ruta) e Saturnino González (Ourense At.)
  • Máster 65. Begoña de Arriba (Egovarros) e Nemesio Gutiérrez  (At. Friol)
  • Máster 70. Xosé Lois Otero (C.A Santiago)

O atletismo galego base e máster enchen o circuito da Veronza no seu campionato de Galicia
Comentarios