jueves. 28.03.2024

Todos cantos siguen de preto a progresión que está tendo Aldara Meilán, saben perfectamente de que estamos diante dunha das atletas con máis talento e con máis futuro do atletismo nacional.

Procedente desa formidable canteira lucense cuxo adestrador Nani Piñeiro dirixe tamén a preparación de Xela Martínez, a marchadora galega ainda en categoría Sub18 ,está experimentando nos últimos anos unha fantástica progresión cuxo horizonte aparace cargado de posibilidades moi ilusionantes

O ano pasado xa daba mostras do seu nivel internacional no pasado Festival Olimpico de la Juventud Europea na que nunha proba con moita polémica, foi privada do ouro pola clara acción antiregulamentaria de quen finalmente sería a gañadora. Lonxe todo elo de frustrar as gañas e minar a ilusión, incentivarían ainda máis as gañas de seguir mellorando e adestrando para lograr no día de onte, durante o Campionato de España de Federacións, pulverizar a súa MMP nos 10 Km cun sensacional rexistro de 46:41 que a colocan como líder mundial do ano na súa categoría. Ademáis esa marca constitúe a segunda mellor española Sub20 da historia tan só superada pola mítica marchadora catalana Mari Cruz Díaz no lonxano ano de 1986, mellorando de igual modo o récord galego Sub18 da internacional Lorena Luaces en dous minutos e trinta e nove segundos e os récords galegos Sub20 (nun minuto e dez segundos) e o Sub23 (en oito segundos) da medallista de bronce europea Antía Chamosa.

Aldara Meilán racha topes
Comentarios