jueves. 02.05.2024

24 meses para ter no Gaiás o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia

A Xunta axiliza o proxecto para que Galicia conte cun centro que lle permita levar a cabo proxectos de máximo nivel no eido das artes dixitais e faino adxudicando as obras para a construción do que será o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia nun prazo máximo de 24 meses -seis meses antes do tempo fixado na licitación-.
Este equipamento non supón a construción dun edificio novo, senón a adaptación de espazos soterrados actualmente en desuso na Cidade da Cultura.

Este proxecto, adxudicado á construtora galega San José S.A., non precisa dun edificio novo xa que, para levalo a cabo, o Goberno galego aposta por adaptar unha superficie soterrada xa existente e en desuso na Cidade da Cultura, un espazo de 4.400 metros cadrados deseñados no seu momento como aparcadoiro do Teatro da Música -un dos edificios do proxecto orixinal do Gaiás que non foron finalmente construídos-.

A localización na Cidade da Cultura permite un aforro significativo xa que, ademais de non ter que adquirirse un soar cos parámetros que se precisan para un centro destas características, aproveitaranse as redes tecnolóxicas, de enerxía e seguridade existentes no Gaiás, así como as sinerxías e conexións con outros servizos localizados na Cidade da Cultura, como a AMTEGA, o Polo GaiásTech ou o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) dependente do CSIC.

Esta circunstancia explica, en boa medida, que as obras para realizar un proxecto desta natureza sexan adxudicadas por 4,45 millóns (IVE incluído), investimento 54.900 euros inferior ao importe de licitación. 

MODERNIZACIÓN

Equipado con tecnoloxía de última xeración, o centro permitirá vivir experiencias inmersivas e de realidade virtual e aumentada, así como zonas de videomapping para intervencións artísticas de gran formato, áreas de experimentación con laboratorios creativos e espazos para a formación da cMODomunidade escolar e artística.

O centro porase en marcha coa vocación de converterse nun espazo de exhibición de referencia en España para acoller proxectos artísticos ambiciosos impulsados a partir das artes dixitais. Ao mesmo tempo, desenvolverá unha actividade como banco de experimentación onde as xeracións de creadores galegas atopen recursos innovadores para desenvolver a súa acción creativa.

Este proxecto está conectado coa estratexia de dixitalización da cultura que está a levar a cabo a Xunta de Galicia, convertendo este equipamento nunha peza clave para preservar e divulgar o patrimonio material e inmaterial.

Os traballos de construción do centro non afectarán ao normal funcionamento das institucións situadas no Gaiás nin das actividades que se realizan e tampouco alterarán ou interferirán no valor arquitectónico singular do complexo.

24 meses para ter no Gaiás o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia
Comentarios