sábado. 04.05.2024

A artista galega Verónica Codesal presentará por primeira vez en Galicia o seu novo disco “100 Voltas” e será o 28 de xullo ás 22:30 horas, no recinto amurallado, con entrada gratuíta. O Verán Cultural 2023 de Salvaterra de Miño vai ser inaugurado  por esta artista encargada de abrir a programación cultural. Verónica Codesal, a integrante do grupo Ialma, ven acompañada dos músicos Didier Laloy co acordeón diatónico, Damien Chierici ó violín e Boris Tchango coa percusión e batería. Xuntos presentan o novo disco “100 Voltas” e será a primeira vez que soará en Galicia.

VeroCodesal
VeroCodesal

CARLOS NÚÑEZ

Carlos Núñez, pola súa banda, fai parada no recinto amurallado de Salvaterra, este sábado día 29, no marco da súa xira Lugares Máxicos. Será na Praza do Castelo a partir das 21.00 horas. Unha das peculiaridades deste concerto é que incorpora a Jon Pilatzke, violinista e step dancer de The Chieftains, que acaba de chegar a Galicia. Núñez escribe nas redes sociais: “Este sábado 29 de xullo ás 21:00 horas estreamos Lugar en México: O castelo medieval de Salvaterra, á beira do río Miño, que actúa como fronteira natural entre Galicia e Portugal. Aconsellamos que o visitedes antes do concerto para deleitarvos con vistas e degustar o viño do Condado". O concerto é de pago. Entradas en ataquilla.com e no Museo da Ciencia do Viño. (Prezo mínimo: 15 euros) 

Carlos Nuñez.
Carlos Núñez.

Verónica Codesal e Carlos Núñez poñen moi alto o listón de inicio do Verán Cultural...
Comentarios