Tonichi e Pacheco protagonizan este luns o ‘Vermú de barrio’ de Nigrán

Tonichi e Pacheco, durante unha das súas actuacións. O dúo do Val Miñor actuará este luns na Praza do Concello de Nigrán.
O Concello de Nigrán ofrece este luns, 10 de agosto, ás 21.00 horas, o concerto de Tonichi e Pacheco na Praza do Concello. A actuación forma parte do ciclo ‘Vermú de barrio’, organizado coa colaboración da Deputación de Pontevedra, e contará coa presenza das food trucks de Lalo’s e Capitán Filloa.

Tonichi e Pacheco, músicos vencellados ao Val Miñor, compartiron escenario ao longo da súa carreira con artistas de primeiro nivel como Manu Chao, James Brown, Emir Kusturica, Kiko Veneno, Coque Malla, Raimundo Amador, Los Enemigos ou Los Secretos.

O seu espectáculo combina versións inspiradas en grandes referentes da música, como Django Reinhardt e Paco de Lucía, con clásicos universais como Zorba o Grego e Les Yeux Noirs. A cita ofrece así unha proposta musical para todos os públicos, acompañada dunha oferta gastronómica sobre rodas.