viernes. 06.12.2024

Tres novelas nunha para cativar ao público. O Rosal acolle este venres 10 de maio a presentación do libro de Juan Carlos González ‘Galicia para debutantes’, tres novelas curtas nas que, cunha linguaxe fresca, un ritmo ameno, unha boa dose de humor e unha prosa cativadora, leva ao lector e á lectora de paseo por unha Galicia rural retratando esa sociedade que tan ben coñece.

Cunha ollada única e a través das historias de ‘Las Termópilas’, ‘La saga de Marita Arnela’ e ‘Dice Charo’, González consigue levar ao público a unha Galicia que enterra as súas raíces neses pobos nos que todos se coñecen e coñecen de todos, pero todas e cada unha das persoas teñen o seu pequeno segredo gardado celosamente. Unha Galicia que amosará ao lector e á lectora como ata a persoa máis lista acaba sendo unha pardilla e unha debutante terá que estar ao tanto se non quere perder máis que a honra e algúns cartos.

O escritor presentará a súa última obra ás 20.00 horas na Biblioteca municipal do Rosal nun acto con entrada libre no que estará acompañado por Helena Pousa e que será amenizado polas intérpretes da Agrupación Musical do Rosal Carla Cobos e Ángela González. 

Presentación do libro de Juan Carlos González ‘Galicia para debutantes’
Comentarios