viernes. 29.03.2024

'Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas' terá lugar no Torreiro da Guía, en Atios, no Porriño, a partir das 22 horas, cun aforo limitado a 100 espectadores.

O encontro, chamado 'Unha volta polo medio', reunirá un conxunto de vinte músicos de diferentes partes da península, baixo a dirección de Fran (Grupo Coetus). Ofrecerán un repertorio de músicas de raíz e xunto con eles actuará o grupo de música tradicional Os Penediños de Atios.

A actividade está no abeiro da programación cultural do Concello do Porriño titulada 'Para un tempo novo' que está a desarrollarse dende que entramos na “nova normalidade” coas restricións de aforo e observando as pautas sanitarias esixidas.

Lembramos que neste Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas tan só haberá 100 cadeiras para outros tantos espectadores.

O Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas, para un centenar de personas