viernes. 12.07.2024

O Concello de Ponteareas convida a seguir gozando da oitava edición do Festival Groba que esta tarde acollerá a estrea da obra Soatiña do mestre Groba intrepretada pola pianista Gema Arias a partir das nove da noite no auditorio municipal. Hoxe temén poderemos escoitar obras de Mozart e de Beethoven interpretadas por Laura Lorenzo, Pablo Vidal, Kyounmin Park, Anastasia Kobekina, Josef Spaceck e Federico Colli. 

Mañá martes, o Festival Groba citaranos coa música de cámara para escoitar as partituras de Brahms e Mozart da man de Kyounmin Park, Damián Hernández, Josef Spacek, Anastasia Kobekina e Federico Colli. 

A organización recorda que este ano pola excepcional situación sanitaria e para manter as medidas de seguridade polo ben de todos e de todas, será preciso reservar butaca ou ben no número de teléfono 618705639 ou via mail [email protected]

Toda a programación para o resto dos días do Festival en: https://www.festivalgroba.com/ga-conciertos

O Festival Groba que esta tarde acollerá a estrea da obra 'Soatiña'