jueves. 28.03.2024

Baixo o título 'Bauhaus: A configuración da modernidade', o deseñador e académico numerario da Academia Galega de Belas Artes Xosé Díaz y Arias de Castro abordará a relevancia desta corrente artística. Hoxe terá lugar a derradeira conferencia deste ciclo.

O experto explicará

como o instituto de arte e deseño que agromou en Weimar entre a hecatombe da Primeira

Guerra Mundial e a instauración do réxime nacionalsocialista foi, sen dúbida

algunha, unha das experiencias pedagóxicas máis extraordinarias e

transcendentes do século XX. Salientará o feito de que a liberdade creativa e o

deseño das novas formas e espazos que necesitaba a nova estrutura social

formaron un binomio “único e irrepetible”.

O deseñador e académico Xosé Díaz y Arias de Castro imparte unha conferencia titulada...