martes. 04.11.2025

No próximo ano a tenda Moreno de Sarria cumpre medio século e, para celebralo, está xa patente unha mostra da autoría de Mercedes Vázquez Saavedra, '50 Anos de Moreno', instalada fóra dos circuítos habituais ou, mesmo, dicir que é unha forma de romper os moldes do establecido, nada contracorrente, como a empresa 'Moreno' fixo sempre.

Local sen letreiro, escaparate e nunha rúa sen locais comerciais nin bares, no mesmo lugar onde noutrora estivera a tenda dos bisavós no século XIX, logo a do avó no século XX ata despois da guerra, cando a antiga tenda pechou.

Na rúa Marqués de Ugena, antigamente coñecida como Rúa do Porvir, noutrora houbo dous cines: o primixenio 'Cine Salón', do que foi socio o avó de Mercedes e que pasou a Barbagelata, e o Cine Cissa. Ambos pecharon.

Na 'Casa da Avoa', en días lonxanos, impartía clases de piano a tía Mo e de pintura Avari, e tamén estivo a 'Academia Balmes' de don Plácido.

De tenda centenaria a foco cultural: Sarria conmemora os 50 anos de Moreno.

 

Na rúa quedan dous obradoiros artesanais: O Luthier e a dona que fai as tortas de Sarria, Antiga Casa da Justa, onde Matilde tivo unha escola.

E na rúa atópase o obradoiro doutro artesán, sen esquecer que ata hai ben pouco, no baixo da Casa Lolita Quiroga, ensaiaron 'Os Flavia', logo anos despois 'Os Tacinos', e ao final da rúa a Casa da Cultura, onde naceu Mercedes (eran as antigas Escolas, e seu avó materno era o Mestre don Domingos Saavedra).

A exposición presenta unha Rúa Cultural e Artística.

Mercedes Vázquez, fotógrafa e etnografa, amosa preto de 150 fotos de máscaras tomadas ao longo dos últimos 30 anos, principalmente de Galicia, Norte de Portugal, así como de Zamora, León, Asturias e do País Vasco. Unha idea que partiu da filla Leticia.

Xunto ás fotografías pódense ollar carteis de máis de sesenta mostras que realizou desde 2018, algunhas imaxes relacionadas co mundo do campo e das mulleres convivindo con letreiros do ilustre chocolatero destas terras de Sarria, Matías López.

Aberta de luns a sábado de 10h30 a 13h30 e de 16h30 a 20h30, unha tenda que comeza a celebración de medio século.

Mercedes Vázquez celebra o medio século de Moreno retratando a alma artística da súa...
Comentarios