jueves. 02.05.2024
A fase final desta disciplina desenvolveuse esta semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela

As mellores pezas teatrais do Xuventude Crea 2022

Os gañadores foron Vórtice Escénico, representado pola viguesa Ana Fernández Sánchez, coa obra Asfixia; e a Asociación Palimoco Teatro, de Lugo, con E se todo se reducise ao amor. Mentres Asfixia reivindica o inconformismo e o ser diferente sen importar o que pensen os demais, a peza E se todo se reducise ao amor é unha interpretación centrada nas obras do autor Federico García Lorca.

A Xunta celebrou os pasados 29, 30 e 31 de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela a fase final da modalidade de teatro do programa Xuventude Crea 2022. O Goberno galego galardoou as mellores pezas teatrais nesta cita que contou coa participación de seis obras.

O primeiro premio foi para Vórtice Escénico coa obra ‘Asfixia’, e para a Asociación Palimoco Teatro, de Lugo, con ‘E se todo se reducise ao amor’

Tanto o primeiro premio como o segundo foron compartidos. Os gañadores foron Vórtice Escénico, representado pola viguesa Ana Fernández Sánchez, coa obra Asfixia; e a Asociación Palimoco Teatro, de Lugo, con E se todo se reducise ao amor. Mentres Asfixia reivindica o inconformismo e o ser diferente sen importar o que pensen os demais, a peza E se todo se reducise ao amor é unha interpretación centrada nas obras do autor Federico García Lorca.

Teatroxuventude1

No segundo posto quedaron o coruñés Javier Castiñeira, por Brazaletes, e o grupo de Jacobo Mo, de Ponteareas, coa peza Só se aplaude ao final. Por unha banda, a obra de teatro Brazaletes centra o seu argumento no mundo do fútbol e a política, e pola outra, Só se aplaude ao final mestura a danza, a acrobacia e o teatro físico para tratar a autoconsciencia.

O segundo posto tamén foi compartido entre o coruñés Javier Castiñeira, por ‘Brazaletes’, e o grupo do ponteareán Jacobo Mo, coa peza ‘Só se aplaude ao final’

Os gañadores recibirán unha gratificación repartida de 3000 euros e 1500 os segundos clasificados. Así mesmo, na fase final desta especialidade do Xuventude Crea tamén participaron a viguesa Ara García con Carta a Nigures e Pachotada Teatro, da Coruña, con Agullas: a Princesa Mocosa.

MÁIS DE 4.000 PREMIADOS

Desde que fai trece anos tivo lugar a primeira convocatoria do Xuventude Crea, xa son máis de 4000 os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos premiados e preto de 3000 os proxectos creativos e obras presentadas a este certame. Na edición deste ano 2022 participan un total de 350 artistas con 280 obras que, de novo, contarán con apoio por parte da Xunta de Galicia para dar a coñecer as súas creacións. Compre destacar, ademais, que todas aquelas premiadas ao longo dos últimos anos exhíbense nun museo dixital recen estreado.

 As disciplinas que se premian nesta edición son: teatro, música, novela curta, poesía, videocreación, banda deseñada, arte urbana, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, creación de videoxogos, fotografía e artes plásticas (esta última comprende as modalidades de pintura e escultura). Cómpre destacar, como novidade neste 2022, o cambio de nome de graffiti a arte urbana para dar cabida ás diferentes expresións neste ámbito, así como a inclusión da modalidade de música clásica dentro de música.

As mellores pezas teatrais do Xuventude Crea 2022
Comentarios