jueves. 25.04.2024

'Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños'

Esta exposición producida pola Editorial Galaxia é un proxecto da Xunta de Galicia no ano das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras. Con carácter informativo e didáctico, divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, e unha selección de obxectos persoais do autor, cedidos pola familia para esta exposición.
Esta exposición producida pola Editorial Galaxia é un proxecto da Xunta de Galicia no ano das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiron hoxe á inauguración da exposición Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

Un acto no que os representantes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade subliñaron que con esta mostra a Xunta mantén o seu compromiso de implicarse a fondo na celebración do Día das Letras Galegas, unha xornada que aglutina a toda a cidadanía arredor da lingua galega e das persoas que, como Florencio Delgado Gurriarán, a defenderon e promoveron alá onde foron.

No acto tamén interviñeron Víctor F. Freixanes, director da Real Academia Galega (RAG); Ricardo Gurriarán, comisario da exposición e familiar do homenaxeado; Xosé Soutullo, conselleiro de Editorial Galaxia; e Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras.

Esta exposición producida pola Editorial Galaxia é un proxecto da Xunta de Galicia no ano das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras. Con carácter informativo e didáctico, divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, e unha selección de obxectos persoais do autor, cedidos pola familia para esta exposición.

PEZAS PERSOAIS

Os paneis repasan a traxectoria vital e biográfica do autor homenaxeado, permitíndolle ao visitante asistir a un percorrido rigoroso e ameno para comprender quen foi, que nos deixou e que implica a figura do escritor. Por outro lado, dá acceso a unha selección de obxectos persoais do escritor, expostos en mesas-vitrina, como cartas con persoeiros do seu tempo, como Otero Pedrayo ou Castelao; borradores de poemas, que logo remataron nos seus libros; e publicacións orixinais, que permitirán un achegamento máis completo para comprender a súa figura e obra literaria. A mostra comeza a súa itinerancia no Barco de Valdeorras e seguirá a continuación en Ourense e Santiago de Compostela.

'Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños'