sábado. 09.11.2024

A gala central do Festival Internacional Rebulir chegou onte baixo o lema
'Cultura ata a medula' no polideportivo de O Picouto, en Ramirás. E así, co recinto cheo ata a bandeira, cunhas 1.500 persoas no público, deu comezo o acto que na presente edición se está adicando ós doantes de medula
ósea.

Como se veu facendo nas últimas edicións do Festival, membros de cada unha das agrupacións participantes deron a benvida ós asistentes cunha pequena degustación da gastronomía do seu lugar de procedencia. Tras esta antesala, e coas bancadas acomodadas, deu comezo o prato principal da programación do FIR, que se vén desenvolvendo dende o pasado xoves, 19 de decembro.

Organizado pola Asociación Cultural Rebulir, co apoio do Parlamento de Galicia, Consello da Cultura Galega, Deputación de Ourense, Inorde, Concello de Ramirás, Concello de Celanova, as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, e da Xunta de Galicia por medio da
Conselleria de Educación, Universidade e Formación Profesional, Secretaría Xeral de Emigración, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Dirección Xeral de Políticas Culturais e Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a presente edición do FIR reuniu sobre o esceario a sete agrupacións.

Ao colectivo anfitrión e encargado de inaugurar as táboas, Rebulir, estivo acompañado por Banda de Gaitas de Noreña xunto con Grupo Xeito
(Asturias), Grupo Coral Bafos de Baco (Portugal), Grupo folc. Ciudad de Cádiz (Andalucía), Compañía Internacional Jeruti (Paraguai) y Ballet Dakar (Senegal).Entre as autoridades convidadas e encargadas da recepción dos colectivos participantes, atopábanse O Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Á. Santalices; A Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, Carmen Pomar, a Xefa de Xuventude e Voluntariado, Pilar Martinez; o vicepresidente da Deputación
Provincial, Rosendo L. Fernández, e a alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil.

Miguel Á. Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, entregou o premio a Rosa Cedrón, pola súa traxectoria no eido da música galega.

O encargado de dar o pistoletazo de saída a esta gala central do XIV Festival
Internacional Rebulir foi o director artístico, Alexandre Sotelino, logo da proxección dun vídeo en torno ao proxecto co Centro de Educación Especial Manuel López Navalón. Comezou Sotelino lembrando a Kepa Junquera, premiado en anteriores edicións, e que hoxe se
recupera dun ictus. O coordinador do FIR tamén fixo fincapé no proceso de elaboración das pezas que se entregarán aos colectivos participante. Logo do agradecemento ás institucións e patrocinadores, fixo fincapé no lema desta edición, “Cultura ata Medula”.

Na gala tamén se entregaron os Premios Rebulir da Cultura Galega 2019. Foi o presidente da Coral de Ruada, Samuel Lago, quen recolleu o galardón da man do vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo L. Fernández. Lago quixo agradecer a Rebulir por terlle concedido o premio, así como as persoas que fan posible que a Coral cumprise o
seu centenario.

Antonio Durán “Morris”, pola súa labor nas artes escénicas, tamén recolleu o seu premio, da man de Carmen Pomar, Conselleira de Educación, Universidade e FP da Xunta de Galicia, quen agradeceu agradeceu este premio, xa que "é importante ser recoñecido fora máis e importante que te recoñezan na túa terra".

Por último, Miguel Á. Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, entregou o premio a Rosa Cedrón, pola súa traxectoria no eido da música galega. A cantante agradeceu emocionada o galardón, e quixo visibilizalo da maneira que “mellor sabe facer, cantando”, así interpretou a capella o poema de Rosalía Negro Caravel.

Festival Internacional Rebulir, Cultura ata a medula