Convocado o XXX Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela
O Concello da Estrada convoca a XXX edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela, un galardón co que se busca premiar e promover o xornalismo e os artigos de opinión escritos en lingua galega.
Quen pode participar?
Poderán concorrer profesionais que desenvolvan a súa actividade en medios de comunicación de Galicia ou en edicións galegas de medios estatais, tanto impresos como dixitais.
Cales son as condicións?
- 
	
O premio, dotado con 1.000 €, outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de cinco).
 - 
	
Os traballos deben ser publicados en galego entre o 1 de outubro de 2024 e o 31 de setembro de 2025.
 - 
	
O prazo de recepción das candidaturas rematará o 1 de novembro de 2025.
 - 
	
A participación será de xeito telemático a través da web do Concello da Estrada ou en
premioxornalistico.aestrada.gal. 
O xurado, que estará formado por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito do xornalismo e a literatura, será o encargado de seleccionar o traballo gañador, que será nominal e único. Os autores conservarán os dereitos de propiedade intelectual das súas obras, pero autorizan ao Concello a difundir os traballos finalistas e gañadores.
Tamen pode consultar as bases no seguinte enlace