martes. 25.06.2024

O concurso vigués Talent Show Megaestrelas premia a Ariel Echeverry, o pequeno que destacou pola súa actuación coa batería

“O concurso demostrou de novo a súa capacidade para crecer e dar un salto de calidade coa incorporación de novas categorías”, sinalou a delegada da Xunta durante a gala. Segundo explicou, a administración autonómica mantén o seu apoio ao Talent Show nesta nova etapa na que, tras as numerosas peticións, tamén puideron participar persoas maiores de idade.
—	O xurado concedeu o máximo galardón a Ariel Echeverry, o pequeno que destacou pola súa actuación coa batería.
— O xurado concedeu o máximo galardón a Ariel Echeverry, o pequeno que destacou pola súa actuación coa batería.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este sábado na gala final do concurso vigués Talent Show Megaestrelas (ata o de agora Pequestrelas) como plataforma de impulso para os artistas emerxentes na cidade. A representante autonómica entregou os galardóns e incidiu na importancia da alianza entre o Goberno galego e o certame co obxectivo de descubrir novos talentos con acento vigués.

“O concurso demostrou de novo a súa capacidade para crecer e dar un salto de calidade coa incorporación de novas categorías”, sinalou a delegada da Xunta durante a gala. Segundo explicou, a administración autonómica mantén o seu apoio ao Talent Show nesta nova etapa na que, tras as numerosas peticións, tamén puideron participar persoas maiores de idade.

Xurado

O xurado, formado por profesionais, foi o encargado de valorar aos participantes e elexir aos mellores nas categorías de canto, baile, maxia e interpretación. Os castings celebráronse a porta aberta ao público.

Premios

Na categoría Pequestrelas os premios foron catro becas do Conservatorio Mayeusis, gravación dun disco, carátula e sesión fotográfica, gravación dun videoclip, entradas para o Parque Acuático de Cerceda, diplomas para os finalistas e un fin de semana nas Illas Cíes con curso de buceo. E o premio da categoría Megastrelas foi a gravación dun disco, carátula e sesión fotográfica, gravación dun videoclip, diplomas para os finalistas e un fin de semana nas Illas Cíes con curso de buceo.

Gañadores

GAÑADOR ABSOLUTO DE MEGAESTRELAS 2024

ARIEL ECHEVERRY – BATERÍA

TROFEO DESTACADO

GRUPAL DE BAILE XUVENIL

1º  VOILA – L DANZIA -TROFEO

2º LITTLE -TERESA NGUNDI

3º- REAL CREW – FLASHDANCE

GRUPAL DE BAILE INFANTIL

1º CRAZY MOB

2º LCREW L,DANZIA

3º ANNIE DE L,DANZIA

XUVENIL DE BAILE INDIVIDUAL

1º DANIELA  MINIÑO

2º LUCÍA PEREZ

DUO OU TRÍO DE BAILE

DUO SESTRA – TERESA NGUNDI

INFANTIL INDIVIDUAL DE BAILE

RUTH  CARRERA

VARIEDADES

ARIEL ECHEVERRY – BATERÍA

BAILE PREMIUM

1º  CRISPY BONESDA

2º  BOOM DANCE FLASHDANCE

CANTANTES

1º  DANIA DIVA

2º  LUCIA SAMUEL

3º  CORAL MÉNDEZ

Á MELLOR APTITUDE

RUTH  CARRERA

O concurso vigués Talent Show Megaestrelas premia a Ariel Echeverry, o pequeno que...
Comentarios