jueves. 18.04.2024

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá mañá, martes 11 de maio, ás 10.30 h, a rolda de prensa de presentación da exposición «Castelao grafista (facsímile)», desenvolvida en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia. No acto estarán Teresa Saiz, directora da Fundación Gonzalo Torrente Ballester; Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes; Gabriel Alén Castro, delegado territorial da Xunta en Ourense; e Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación.

«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de xullo e poderase visitar de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados, domingos e festivos  de 12.00 h a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h. A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, na Sala de Exposicións de Afundación en Ourense poderanse ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Así mesmo, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 cubertas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

'Castelao grafista (facsímile)'