viernes. 26.04.2024

'Balneario a Condesiña' do grupo Fontevella do Porriño actúa no Carballiño

Na comedia deste sábado (Balneario a Condesiña) amósanse unha serie de personaxes, que co gallo de acudir ao balneario farannos ver os seus amores, alegrías e tristuras. Debemos destacar que unha das actrices desta obra, Amparo Tellado, é sen dúbida a actriz máis veterana do teatro amador de Galicia, dado que, con nada menos que 93 anos, continúa pisando os escenarios para levar o sorriso aos espectadores.
Fragmento do Cartel da obra.
Fragmento do Cartel da obra.

Este sábado bótase a andar o Circuíto Galego de Teatro Amador do Carballiño, Patrocinado pola Xunta de Galicia – Xacobeo 21-22, posto a andar a nivel autonómico pola Federación Galega de Teatro afeccionado e organizado no Carballiño por Tiruleque, Grupo de Teatro, cun programa que tivo que ser mudado a última hora por problemas alleos á organización, de tal xeito que o calendario deste Circuíto quedaría así:

Sábado 4 de xuño BALNEARIO A CONDESIÑA do grupo Fontevella de O Porriño.

Domingo 19 de xuño ULTRASÓNICA, unha obra para público infantil, de Paso Valverde de Arteixo.

Sábado 2 de xullo CLOWNCERTAZO de Falcatrueiros de Monterroso.

Domingo 3 de xullo, Tiruleque pecha o Circuíto con SOUTELO ENTERPRISE, que contén notables novidades nesta representación, e que amais, o que se recade na billeteira destinarase a prol de Ucraína.

Todas as representación serán no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20 horas, agás a infantil do 19 de xuño, que será ás 18 horas.

Comentarios