martes. 04.11.2025

A Praza da Princesa de Vigo, onde estivo o mercado do Peixe, que lle deu o nome de Praza da Pescaría e onde, en 1832, se construíra o primeiro Teatro da cidade, impulsado polo empresario Norberto Velázquez Moreno e funcionou ata 1880. Logo mudou de nome e pasou a ser coñecida como a Praza da Alhóndiga, ata que en 1852, o mesmo ano no que faleceu Velázquez Moreno, adoptaría o mesmo nome que mantén na actualidade, Praza da Princesa, na honra de dona María Isabel Francisca de Asís e de Borbón, coñecida como "La Chata".

Moitos cidadáns vigueses e chegados de fóra lembran as exposicións de pintura que se celebraron a partir do ano 1968, onde se atopaban destacados creadores, tanto da cidade olívica como foráneos, entre eles aqueles que xa non están, Xavier Pousa, Francisco Mantecón entre outros participantes como o pintor das terras de Forcarei, así como Menchu Lamas e Antón Patiño, un movemento que se prolongou aquí, á beira da Fonte do Angelote, ata 1975, dando lugar despois á corrente impulsada por Román Pereiro, coñecida como Atlántica e a primeira exposición en Baiona no 1980, seguidas doutras en Vigo, Santiago de Compostela e Madrid.

Na actualidade, a Praza da Princesa é un punto de encontro todos os domingos para o Programa Vigo, un Mar de Bandas, desde o ano 1990. Na mañá do domingo 11 de maio, o Ateneo Musical de Bembrive, baixo a dirección de Iván Carreira, ofreceu un concerto nese espazo, a pesar das condicións meteorolóxicas e moi concorrido por vigueses e seguidores chegados de fóra, na contorna céntrica, onde soaron obras de Pascual Marquina "Certamen Levantino"; de Gustav Holst, "First Suite in E flat, Op. 28, No. 1"; de Thomas Doss, "Castles and Legends"; de Johan de Meij, arr. Paul Lavender, The Lord of the Rings; Selections from Moana, arr. Jay Bocook e Santana, a Portrait de Carlos Santana e arr. de Giancarlo Gazzani.

Ateneo Musical de Bembrive deleita na Praza da Princesa a pesar do mal tempo
Comentarios