martes. 25.03.2025

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta mañá no seu Café Moderno de Pontevedra un proxecto expositivo interdisciplinar mediante o que reflexiona sobre as formas de vida vencelladas ao rural galego, a súa iconografía e a súa presenza na cultura contemporánea. Da man de Aser Álvarez, director, guionista e produtor galego, 'A vida lenta. Memorias e ritmos do rural galego', conxuga fotografías, pezas audiovisuais, poesía e música nun evento pensado como recoñecemento a unha realidade esencial para a conformación da identidade en Galicia. Na inauguración desta mañá, no Café Moderno Afundación Pontevedra, estiveron Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación, e Aser Álvarez, guionista e produtor. A eles súmase a actuación en directo de Moisés Quintás, compositor da banda sonora, e unha visita guiada posterior á mostra.

As memorias e ritmos do rural galego