martes. 25.03.2025

A artista e xornalista Galia Blanco, afincada en Poio, compaxina arte e comunicación no eido cultural, tanto en medios xornalísticos como en entidades culturais e producións audiovisuais.

Como artista, Galia Blanco ten participado en innumerables exposicións individuais e colectivas, tanto a nivel nacional como internacional. Neste intre, mostra a súa obra no Pazo de Mos.

Destacan os seus "Pop Portraits" e retratos pop, cos que iniciou a súa andaina pictórica e que segue a realizar, mesmo en series como "Agro Pop", na que representa con cores vibrantes temáticas do mundo rural galego, desde unha perspectiva contemporánea.

Igualmente, destacan as series "Eternas" e "Harmonía", coas que pretende deter o tempo e ordenar o caos, facendo fincapé na forza e intelixencia da conxunción humanidade e natureza a través das miradas dos seus retratos e paisaxes abstractas.

Galia Blanco traballa tamén coa técnica do gravado mesturada con cores acrílicas, que fan de cada peza unha obra única.

Forma parte do elenco artístico convidado a pintar os Muíños do Picón e do Folón, nos montes do Rosal, aportando un tríptico formado por pezas de 13×18 centímetros cada unha, pintura acrílica e linogravado sobre papel, que se poderán ver en diferentes salas situadas á beira do Camiño Portugués, integradas na iniciativa para dar a coñecer o conxunto da moenda a través da arte, como noutrora xa o fixeran individualmente pintores da talla de Xavier Pousa, artista plástico que pintou o Muíño de Morgadáns, ou o inolvidable Antonio Fernández, tamén de Goián, que plasmou un situado en Loureza, pertencente ao Concello de Santa María de Oia.

A artista de Poio Galia Blanco leva a súa visión contemporánea do rural galego ao Pazo...
Comentarios