jueves. 02.05.2024

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentará mañá, xoves 21 de setembro, ás 11.00 h en rolda de prensa, na Sede Afundación Ferrol, unha nova proposta cultural de alcance internacional. A partir dun proxecto en colaboración coa Colección de Arte Cubano Contemporáneo Luciano Méndez Sánchez e a Fundación Salamanca Ciudad de Cultura y Saberes, preséntase «Sueño de navegante», unha exposición conformada por case unha cincuentena de obras pertencentes a esta importante colección.

Na presentación a medios estarán presentes Luciano Méndez, coleccionista e propietario das obras; a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores; e as comisarias, Yadira de Armas e Ana Gabriela Ballate.

 

Ás 19.00 h haberá unha visita guiada inaugural.

 

A arte cubana en Ferrol
Comentarios