Aberto o prazo de inscripción para la XVIII Mostra de Teatro Amador 'Terras do Orcellón' 2025
O Grupo de Teatro Tiruleque anuncia a XVIII Mostra de Teatro Amador 'Terras do Orcellón' 2025. O evento, que xa se consolidou como unha referencia dentro do teatro afeccionado galego, celebrarase no Auditorio Manuel María do Carballiño, grazas ao apoio da Deputación Provincial de Ourense e do Concello do Carballiño.
As representacións terán lugar os días:
- 
	
Outubro: 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26.
 - 
	
Novembro: 1, 2, 8 e 9.
 
CONDICIÓNS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
- 
	
As obras deben estar interpretadas en lingua galega.
 - 
	
A duración das representacións deberá situarse entre os 60 e os 90 minutos.
 - 
	
Poderán participar exclusivamente grupos de teatro afeccionado.
 - 
	
O prazo límite de inscrición finaliza o 14 de xuño de 2025.
 - 
	
Cada grupo debe enviar:
- 
		
Ficha de inscrición cuberta e asinada.
 - 
		
Mínimo catro fotografías da representación en formato JPG.
 - 
		
Cartel da obra en formato JPG.
 - 
		
Gravación en DVD, lapis de memoria ou enlace de internet.
 - 
		
No caso de pertencer á FEGATEA, indicar se o vídeo está dispoñible na súa web.
 
 - 
		
 
CONDICIÓNS TÉCNICAS E LOGÍSTICAS
O Auditorio Manuel María dispón dun escenario de 14,40 m de longo, 8,70 m de fondo e 6 m de alto, ademais dunha dotación técnica profesional en son e iluminación. Tiruleque facilitará asistencia técnica, pero a carga, descarga, montaxe e desmontaxe correrá a cargo de cada grupo.
COMPENSACIÓN ECONÓMICA
- 
	
Grupos socios da FEGATEA: 775,00 € por representación.
 - 
	
Grupos non pertencentes á FEGATEA: 500,00 € por representación.
 
PREMIO TIRULEQUE
A organización concederá o Premio Tiruleque ao mellor grupo participante. Este recoñecemento non ten dotación económica, pero garante a contratación directa do grupo gañador para a edición seguinte da Mostra.
DISPOSICIÓNS FINAIS
- 
	
A inscrición implica a aceptación das bases.
 - 
	
Tiruleque resérvase o dereito de modificar horarios e de gravar as representacións para arquivo.
 - 
	
Se por causas excepcionais non se puidera realizar a representación en directo, autorízase a súa emisión pola televisión local do Carballiño.
 - 
	
Os grupos deben facerse cargo dos eventuais custos de dereitos de autor.
 
CONTACTO PARA INSCRICIÓNS
Tiruleque, Grupo de Teatro
Rúa Tomás Mª Mosquera 36 - 1º
32500 O Carballiño (Ourense)
Teléfonos: 988 27 00 90 / 617 35 44 56
Correo electrónico: tiruleque@pradamar.es / tirulequeteatro@gmail.com
Agradecemos a todos os participantes o seu interese e compromiso co teatro en galego. Agardamos a vosa colaboración para facer desta XVIII Mostra de Teatro Amador "Terras do Orcellón" un novo éxito!