sábado. 04.02.2023
Gran capítulo da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos

Os viños espumosos do Condado do Tea-DO Rías Baixas proxectan Salvaterra ao mundo

Tres novos confrades numerarios foron nomeados hoxe no XXVII Gran capítulo da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos. Ana Isabel Padín Álvarez, Álvaro Fernández Rodríguez e Alejandro López Farroco (Alejandro Paadín).
Álvaro Fernández (esq), Ana Isabel Padín e Alejandro Paadín, trala investidura.

Ana Isabel Padín Álvarez é socia e directiva do Consello Rector da adeca Paco y Lola. Álvaro Fernández é un emprendedor que fundou a marca Pepa A Loba (2011) distribuidora de produtos gourmet, como viños da DO Rías Baixas. Ademais, abriu en Cambados de onde é natural, o restaurante Fonte do Miño (2014) e que foi premiado en varias ocasións, contribuíndo á revitalización do casco históricos de Cambados. Alejandro López Farroco (coñecido por Alejandro Paadín). CEO en Paadín Eventos, sumiller premiado, embaixador do Champagne, articulista e editor de libros sobre o mundo do viño.

Os viños espumosos do Condado do Tea-DO Rías Baixas proxectan Salvaterra ao mundo
Comentarios