Nigrán celebra este martes unha festa infantil de Entroido no Auditorio Municipal

Ilustración DL-G.
O Concello de Nigrán continúa este martes 17 de febreiro coa súa programación especial de Entroido cunha festa dirixida ao público infantil, con animación do Rei Midas, a partir das 17:30 horas no Auditorio Municipal.

A cita arrancará cunha presentación de todos os nenos e nenas que acudan disfrazados, nunha benvida pensada para poñer en valor a creatividade e o espírito destas datas. A partir de aí, a tarde encherase de diversión coa proposta do Rei Midas, que combinará trucos de maxia, baile e diferentes xogos para manter a participación dos máis pequenos.

A festa desenvolverase ata as 19.30 horas e enmárcase na programación especial de Entroido impulsada polo Concello, co obxectivo de ofrecer actividades de lecer familiar e reforzar o ambiente festivo no municipio.