15 de febrero de 2026, 13:53
A cita arrancará cunha presentación de todos os nenos e nenas que acudan disfrazados, nunha benvida pensada para poñer en valor a creatividade e o espírito destas datas. A partir de aí, a tarde encherase de diversión coa proposta do Rei Midas, que combinará trucos de maxia, baile e diferentes xogos para manter a participación dos máis pequenos.
A festa desenvolverase ata as 19.30 horas e enmárcase na programación especial de Entroido impulsada polo Concello, co obxectivo de ofrecer actividades de lecer familiar e reforzar o ambiente festivo no municipio.
