viernes. 26.04.2024

Este sábado celebrouse a 14 edición da Xuntanza de Palilleir@s que cada ano, con motivo da Festa da Rosa, organiza a Asociación de Palilleiras de Mos.

Trátase dun tradicional encontro que se enmarca na programación cultural da Rosa de Mos e que este ano volta á súa celebración presencial cen por cen, tras as restriccións motivadas pola pandemia da COVID-19.

A presidenta d@s Palilleir@s de Mos, Montserrat Pereira Troitiño, manifestou a súa satisfacción neste sentido e informou de que “a alfluencia de artesáns a este reencontro supera as nosas expectativas, pois contamos con 500 palilleir@s inscrit@s e chegados de todos os rincóns de Galicia, así como doutras comunidades autónomas tales como Cantabria, Madrid, Castela e León… E explicou que deixarán unha rosa de encaixe no exterior do parque para disfrute de todos do traballo artesan”.

A multitudinaria palillada en Costoias, parroquia de Tameiga, contou esta tarde coa visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Turismo, Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e demais membros da Corporación Municipal mosense.

As representantes locais, Arévalo e Cebreiro, definiron a Xuntanza de Paliller@s de Mos como “todo un espectáculo de artesanía, bo gusto, bo facer, beleza, moda, compañeirismo e intercambio cultural”.

Multitudinaria palillada en Mos
Comentarios