sábado. 18.05.2024

A música volve esta fin de semana a Ponteareas da man do Cultura24, co que o Concello deseña unha ampla programación de lecer de balde “co obxectivo de dinamizar todas as parroquias da nosa vila achegando actividades culturais diferentes, entretidas e para todos os públicos a cada unha delas”, como explica o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

A proposta cultural para este primeiro fin de semana de novembro arrancará este sábado 5 coa música folk do grupo de gaiteiros ‘Os Muíños de Oliveira’, que ofrecerá ao público un amplo repertorio co que amenizar parte da tarde. A actuación será a partir das 19.00 horas no Centro Cultural de Prado.

O edil convida a todos os veciños e veciñas de Ponteareas a que “acudan a esta nova actividade do Cultura24, un programa co que buscamos ofrecer un amplo programa musical, teatral... co que promocionar a nosa arte e ás nosas agrupacións culturais”.

Muíños de Oliveira soará en Prado
Comentarios