Luisa Sánchez (Deputación de Pontevedra) valora a fin da Carreira Vigo contra o Cancro como “unha meta simbólica de éxitos”
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, lamentou o final da Carreira Vigo contra o Cancro, que celebrou este domingo (19 de outubro) a súa décimo segunda e derradeira edición. Non obstante, convidou a ver este peche como "unha meta simbólica que marca todos os éxitos acadados" pola organización.
Sánchez gabou o traballo da asociación Vigo Contra el Cáncer por conseguir reunir preto de 300.000 euros ao longo de doce edicións, unha recadación destinada a financiar proxectos de investigación oncolóxica (como o proxecto VIGO4SAR deste ano) e a apoiar a doentes e as súas familias.
Ademais do aspecto económico, a vicepresidenta provincial destacou o labor social do evento. Segundo Luisa Sánchez, a carreira logrou "mobilizar a unha cidade que demostrou que a solidariedade córrrese, camiñase e vívese".