Bugarín agarda melloras na PO-254

- O tenente de alcalde, Juan Carlos González, reuniuse co xefe de servizo da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia para informalo dalgunhas demandas veciñais.
As obras que están en licitación consisten no reforzo do firme da estrada que discorre na súa meirande parte polo termo municipal de Ponteareas.

O tenente de alcalde, Juan Carlos González, reuniuse co xefe de sevizo da Axencia Galega de Infraestructuras da Xunta de Galicia, Manuel Ángel Juanatey, co obxectivo de trasladarlle algunhas solicitudes dos veciños e veciñas da parroquia Bugarín ao respecto das melloras que se levarán a cabo na PO-254.

As obras que están en licitación consisten no reforzo do firme da estrada que discorre na súa meirande parte polo termo municipal de Ponteareas. Pola súa banda, na avenida Castealo instalaranse varias balizas para mellorar e garantir a seguridade viaria no cruce. Ademais, valórase a instalación de iluminación específica nos pasos de peóns.