sábado. 20.04.2024

A proposta 'Marxes Líquidas', do equipo formado por María Fandiño Iglesias e Miriam García, é a gañadora do concurso de ideas de Reordenación da Fronte Fluvial do río Miño en Tui, convocado polo Concello de Tui en colaboración co COAG, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.  O premio está dotado con 18 mil euros.

Hoxe venres, 7 de xaneiro, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica,  terá lugar a entrega de premios do concurso.  O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, membros da corporación municipal, do COAG, e dos autores das 22 proposta presentadas ao concurso.  Até o próximo xoves día 13 poderá visitarse na Sala Municipal a mostra das propostas presentadas ao certame.

O xurado estivo presidido polo alcalde de Tui, Enrique

Cabaleiro González, e formaron parte do mesmo Manuel González Sarria, conselleiro

técnico da Confederación Hidrógráfica del Miño -Sil; Antonio Iglesias Magán, enxeñeiro

de Camiños, Canles e Portos, e xefe do servizo de Proxectos e Obras do Servizo

Provincial de Costas de Pontevedra; Belén Suárez Massó, arquitecta

representante da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia; Sara

Piñón Esteban, arquitecta adscrita ao servizo de Arquitectura da Deputación

Provincial de Pontevedra; Susana Rivadulla López, xefa do servizo provincial de

Urbanismo en Pontevedra, representante da Consellería de Medio Ambiente,

Territorio e Vivenda; Elizabeth Abalo Díaz e Gonzalo Alonso Núñez, arquitectos

representantes do Colexio de Arquitectos de Galicia; Juan José Vázquez Cerreda,

enxeñeiro representante do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de

Galicia; e os arquitectos Javier Antoñón Clemente e Pablo Rivas Caride do

Concello de Tui.

Para outorgar o primeiro premio a “Marxes

líquidas” o xurado valorou positivamente o plantexamento de “proxecto

estratéxico” que realiza “complementado con propostas arquitectónicas

desenvolvidas de forma solvente”. Indican que se trata dunha proposta “sensible

e reflexionada en relación ao ámbito no que está e o que iso implica”.  Tivo en conta tamén a incorporación da auga

coma elemento, e o sentido realista que recolle ao propor “menos construcións

ou intervencións que outras propostas”. Outros aspectos destacados polo xurado son

que ten en conta a dinámica fluvial comas cheas do río, e que xustifica as

distintas actuacións en zonas verdes propostas diferenciándolas ao longo do ámbito

de traballo.

Segundo recollen as autoras no

proxecto a proposta buscan enfatizar a relación da cidade co río. A actuación proposta

vai dende a vella Ponte Internacional até os xardíns de Troncoso “concentrándose moi especialmente na

beira, nos seus espazos e hábitas, e o seu cosido co tecido e os equipamentos

existentes”.

Amais  xurado

acordou conceder un primeiro accésit, dotado con 8.500 €, á proposta “Desde la

memoria al medioambiente” realizado por Luciano González Alfaya e Patricia

Muñiz Núñez do Estudio MMASA Muñiz Mas Alfaya, SLP.  Un segundo accésit, de 3.500 €, foi

concedido a “Tui…de salones y balcones” de Cristina García Fontán e Óscar López

Alba. Amais outorgáronse dúas mencións honoríficas ás propostas presentadas

baixo os lemas “Raia 984” e “Re-habitar paisajes”.

A proposta 'Marxes Líquidas', gañadora do concurso de ideas de Reordenación da Fronte...