viernes. 26.04.2024

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o Nadal cun concerto no que volve tender pontes musicais entre os dous municipios. Nesta ocasión será o venres, 23 de decembro, ás 21.30 h ES, no Teatro Municipal, nun evento musical titulado “Maxicamente” no que se propón unha viaxe musical na procura da maxia de todos levamos dentro.

As encargadas de conducir esta viaxe serán tres agrupacións das dúas beiras do río Mistura Vocal, Vocalis Contrasta e Kasual Quartet que sumarán 50 músicos en escena xunto ao actor Javier Fernández e baixo a dirección técnico-artística de Eva García e Juantxo García e a dirección musical de Aloia Martínez.

O cuarteto de jazz Kasual Quartet está formado por Pablo Garrido, saxofón, Ramiro Entenza, guitarra, Manuel  Lisboa, contrabaixo, e Diego Hernández, batería. Mentres o coro infantil Vocalis Contrasta da Academia de Música da Fortaleza de Valença está integrado por 13 nenos e nenas dirixidos por Yara Gutkin e acompañados polo pianista Antonio Sergio. Por ultimo 37 cantores e cantoras dirixidos por Aloia Martínez conforman o coro Mistura Vocal.

As entradas para este concerto, aos prezos de 5€ e 4€ estarán á venda dende o luns 19 ás 19 h en tui.gal e en cm-valenca.pt.

'Maxicamente', 50 músicos en escena
Comentarios