Campo, alma viva do Suído

A parroquia de Campo ilumina as noites do Val do Tielas baixo a inmensidade da Serra do Suído. A. OUTERELO.
A igrexa parroquial de Santa María de Campo, erguida no século XVI, é un dos grandes símbolos históricos e patrimoniais do Val do Tielas. A. OUTERELO.
O lugar de Cascardoso conserva a esencia da arquitectura tradicional e da paisaxe rural que define a parroquia de Campo, aos pés da Serra do Suído. A. OUTERELO.
Un dos grupos encargados de poñer música e ambiente nas tradicionais verbenas das festas de San Pedro, Santa Isabel e o Neno Xesús de Campo no verán de 2023. A. OUTEIRELO.
Veciños e visitantes desfrutan do ambiente festivo nas celebracións parroquiais de Campo, un dos grandes puntos de encontro social da comarca. A. OUTERELO.
Cartel anunciador das festas de San Pedro, Santa Isabel e o Neno Xesús celebradas en San Pedro de Campo no verán de 2023, unha das citas festivas máis importantes da parroquia.
Veciños da parroquia de Campo acompañan a imaxe de Santa Isabel durante a tradicional Romería das Pacuillas da Franqueira, unha das celebracións relixiosas máis fondamente arraigadas da comarca. A. OUTERELO.

Entre montañas, fragas e camiños antigos, a parroquia de Campo conserva intacta a esencia da Galicia rural máis auténtica. Situada no corazón do Val do Tielas e arroupada pola inmensidade da Serra do Suído, esta pequena parroquia do concello de Covelo agocha séculos de historia, tradicións profundamente arraigadas e un patrimonio natural e arquitectónico que continúa sorprendendo a quen a visita. Este álbum fotográfico percorre os seus recunchos máis emblemáticos: igrexas centenarias, aldeas cheas de memoria, paisaxes de enorme beleza e escenas cotiás que amosan a vida tranquila dunha comunidade que resiste ao paso do tempo sen perder a súa identidade. Unha viaxe visual pola alma viva de Campo.