viernes. 29.03.2024

Vigo área metropolitana

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos: "É unha Rosa moi especial porque presentamos a letra do noso himno: a Alborada Camiño da Rosa"

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacaba hoxe na súa intervención que “Celebramos a Festa da Rosa máis especial dos últimos anos, co calor humano da veciñanza, presentando a letra do noso himno e con máis rosas e máis fermosas que nunca. Voltamos a poder celebrar e compartir xuntos, tras dúas edicións marcadas polas restriccións sanitarias. Voltamos cunha Festa da Rosa renovada e mellorada. Este ano o calor humán voltou por fin á Festa da Rosa, o calor dos veciños e veciñas, algo que me emociona enormemente. Tamén é unha Rosa moi especial porque presentamos oficialmente a letra do noso himno: a Alborada Camiño da Rosa composta por Xulio Lorenzo. Felicitar e agradecer a todos os participantes as súas fantásticas propostas. Nesta Festa da Rosa 2022, sinto máis que nunca o orgullo como alcaldesa, pero sobre todo como mosense, de formar parte deste gran pobo que é Mos”. 
Comentarios
Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos: "É unha Rosa moi especial porque presentamos a letra...