Galicia lidera a creación da Reserva Ecoturista da España Verde con máis de 30 experiencias e 100 empresas

España Verde se consolida como un destino turístico líder, ofreciendo experiencias únicas en contacto con la naturaleza y la rica cultura del norte de España.
Galicia coordina a nova Reserva Ecoturista da España Verde, que ofrece máis de 30 experiencias temáticas en seis espazos galegos coa participación de 100 empresas.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación da Reserva Ecoturista da España Verde, un novo produto turístico que abrangue o norte peninsular e no que a Xunta de Galicia tivo un papel coordinador fundamental. A iniciativa ofrece máis de 30 experiencias temáticas en seis espazos galegos de costa e interior, coa participación de máis de 100 empresas da comunidade.

No acto, que tamén contou coa presenza da directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz Mouteira, Xosé Merelles destacou o traballo realizado durante os últimos dous anos para materializar este proxecto, no que Turismo de Galicia colaborou activamente. A Reserva Ecoturista desenvólvese nun total de 25 espazos naturais protexidos de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, moitos deles recoñecidos como Reserva da Biosfera da UNESCO.

Este proxecto enmárcase na iniciativa do Corredor de Ecoturismo da España Verde, que recibiu unha achega de 938.000 € de fondos Next Generation da Unión Europea. Neste contexto nace a Reserva Ecoturista, que Xosé Merelles cualificou como "o produto temático de ecoturismo máis relevante de España".

Os espazos que integran a Reserva Ecoturista comprenden áreas de costa, alta montaña e bosque, e albergan algunhas das especies de flora e fauna máis emblemáticas da Península Ibérica. Para o seu desenvolvemento coordináronse 385 axentes, dos cales 331 son empresas turísticas (aloxamentos, guías, empresas de observación ou agroalimentarias) e 55 son axentes locais (concellos, asociacións, grupos de acción local ou xestores de espazos protexidos).

Seis espazos naturais en Galicia

O director de Turismo de Galicia puxo en valor a contribución da comunidade á Reserva Ecoturista, con seis espazos tanto de costa como de interior: as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; a Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel; os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; o río Eo, Oscos e Terras de Burón; o Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel; e o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Xosé Merelles tamén salientou o traballo realizado durante anos coa Asociación de Ecoturismo de España, no que se enmarca este proxecto. Entre os resultados, destacou a adhesión de 100 empresas turísticas galegas e a creación dun panel con preto de trinta experiencias diversas. En relación coa marca España Verde, mencionou iniciativas como o programa de formación e sensibilización en ecoturismo, as axudas á certificación de máis de 300 empresas neste ámbito, e o vindeiro plan de comunicación online, que se espera lanzar este mesmo mes.

"Grazas a todo isto", subliñou, "en todas as Comunidades da España Verde en global contamos con 114 experiencias de ecoturismo de diversa gama: observación de fauna, rutas de natureza e fotografía, experiencias de etnografía, de talleres de artesanía e produto local e de xeoturismo e turismo científico".

A presentación oficial da Reserva Ecoturista terá lugar o vindeiro 28 de maio en Madrid e poderá seguirse en directo a través da retransmisión en streaming nas canles de Turespaña.