miércoles. 17.04.2024

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na clausura do Cursos InternacionaL de 'Español y Camino', levado a cabo pola Universidade de Santiago de Compostela.

Na súa intervención, Castro destacou a importancia do turismo de idiomas no noso territorio así como o valor dos estudantes que acoden ao nosa comunidade como os grandes embaixadores da nosa cultura.

Así, destacou a directora de Turismo que gracias a este tipo de iniciativas, “iníciase un intercambio cultural que fai que Galicia se eleve como unha terra multicultural”.

Os cursos Internacionais da Universidade de Santiago contan cunha longa e acreditada traxectoria, con máis de 70 anos de experiencia na organización de cursos de español.

Estes cursos celébranse ao longo de todo o ano e van dirixidos a todas aquelas persoas que queiran aprender ou perfeccionar o idioma ademais de coñecer e achegarse á nosa cultura.

'Español y Camino', cursos internacionais de atracción para turistas
Comentarios