lunes. 15.04.2024

André Pires, do centro galego de Lisboa, peregrinou case 1.400 quilómetros ata Santiago

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu, xunto a subdirectora de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, a André PIres, vogal do Centro Galego de Lisboa a súa chegada a Santiago de Compostela, tras peregrinar case 1.400 quilómetros a pé, co obxectivo de dinamizar esta entidade como Centro Promotor oficial do Camiño de Santiago.
Miranda recibe a André Pires.

O directivo do centro galego de Portugal aproveitou o camiño para irmandar as diferentes entidades galegas que se atopan na vía da Prata, xa que dende Lisboa viaxou a Sevilla, pasando por Salamanca ata chegar á praza do Obradoiro en Santiago, utilizando un tramo alternativo entre Lisboa e Sevilla e seguindo a Vía da prata e o Camiño Sanabrés ata Compostela.  Deste xeito, mantivo un encontro cos representantes do Lar Gallego de Sevilla e do Centro Gallego de Salamanca en cada unha das etapas da súa viaxe.

Comentarios