Rueda destaca Navalia 2026 como "clave" e "referente europeo" para o futuro do naval galego
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto de constitución do Comité Executivo de Navalia 2026, un evento que cualificou como fundamental para o presente e futuro do sector naval galego e un referente consolidado no calendario industrial europeo. "É a primeira feira do naval de España e do sur de España que converte a Vigo na capital do naval a nivel europeo", subliñou.
Na súa intervención, Rueda resaltou que esta feira é moito máis que un encontro profesional, representando o liderado de Galicia na industria naval a nivel internacional. "A construción naval galega que capta contratos en todo o mundo é unha boa mostra da excelencia, desa Galicia Calidade que nos recoñece en todas partes", indicou.
O presidente puxo en valor o papel decisivo dos empresarios galegos que impulsaron a creación de Navalia en Vigo en 2006, convencidos da necesidade de que Galicia tivese unha presenza propia e relevante no escenario marítimo global. Hoxe, a feira está consolidada cun crecemento constante tanto en número de expositores como en volume de visitantes profesionais e participación internacional.
O titular do Goberno galego fixo fincapé en que detrás das cifras de éxito hai unha realidade industrial sólida: unha industria naval que representa arredor "do 3,5% do PIB industrial galego", dá emprego a milleiros de persoas e actúa como motor económico nos principais portos da Comunidade. Segundo datos de 2024, Galicia concentra o 41% da actividade ponderada do naval estatal, lidera as botaduras, acumula o 40% da carteira nacional de pedidos e mantén a súa posición destacada en novos contratos.
Rueda subliñou que o liderado non se pode dar por suposto, e que é necesario consolidalo a través dunha política industrial ambiciosa. Neste sentido, referiuse ao Plan Director da Construción Naval 2025-2027, aprobado en marzo, cun orzamento de máis de 62 millóns de euros e que inclúe 62 medidas destinadas a impulsar a dinamización industrial, a formación, a innovación e a mellora das infraestruturas e do solo industrial.
Tamén destacou a aposta da Xunta pola formación especializada e pola captación de talento, a través de iniciativas como o futuro decreto de microcredenciais, os Bonos Talento Empresa, ou programas dirixidos á mocidade como o de primeira experiencia profesional. A isto engadiu a Estratexia Galicia Retorna, cun investimento de 450 millóns de euros ata 2026, coa que se pretende atraer profesionais cualificados do exterior mediante acordos internacionais e eventos de emprego.
O xefe do Executivo autonómico sinalou que Navalia 2026 será unha plataforma clave para dar visibilidade aos avances derivados deste plan director, reforzar a marca Galicia no sector naval e ampliar a proxección internacional da feira. Rueda remarcou o apoio da Xunta a un sector clave para a economía galega: "Se ao naval lle vai ben, iralle ben a Galicia".
DEPUTACIÓN
La Diputación de Pontevedra ha pasado a formar parte del Comité Ejecutivo de la Feria Internacional de la Industria Naval Navalia, que se encuentra en plena organización de su décima edición. La vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, destacó en el encuentro empresarial que organizó esta mañana Navalia en el Círculo de Empresarios de Galicia para explorar la situación y el futuro de la construcción naval, que “la Diputación tenía que estar en este órgano de asesoramiento del que también forman parte otras instituciones con representación en la ciudad como la Xunta de Galicia y la Autoridad Portuaria de Vigo”.
Sánchez recordó que “el pasado año patrocinamos por primera vez esta feria bienal y nos sentimos muy orgullosos de dar ahora un paso adelante, porque somos muy conscientes de que el naval, al igual que todo lo que tiene que ver con el mar, es un sector estratégico para nuestra provincia”. Al respecto, adelantó que “en 2026 participaremos activamente con la décima edición de este importante evento que acoge cada dos años Vigo, del mismo modo que hicimos por primera vez en la historia de la Diputación el pasado año”. En este sentido, la décima edición de la feria ya tiene ocupados tres de los cuatro pabellones y mantiene un crecimiento estable y sostenible, que oscila entre un 15 y un 20%.
En 2024 la Diputación de Pontevedra patrocinó, tal y como recordó Sánchez, Navalia con un aula de formación desde la que se divulgaron algunas de las cuestiones que más preocupan al sector a la hora de abordar su futuro. La energía, el almacenamiento de hidrógeno, la sostenibilidad, el impacto ambiental o la mejora de la eficiencia en la construcción naval fueron algunas de las temáticas que se analizaron junto con la reducción de costes y tiempos o los materiales a emplear en el proceso constructivo.